FOZ a 29 de xaneiro de 2018. As mocións presentadas polo grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, unha vez mais, son aprobadas por unanimidade.
-INSTAR A DIRECCIÓN XERAL DE COSTAS Á LIMPEZA DA DESEMBOCADURA DO RÍO OURO EN FAZOURO.
-SOLICITAR QUE O EQUIPO DE GOBERNO FAGA AS XESTIÓNS NECESARIAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN AUDITORIO EN FOZ.
Este pasado xoves 25, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de xaneiro do Concello de Foz.
No punto número 3 e 4 da Orde do día figuraban dúas propostas de alcaldía para a aprobación inicial de sendas ordenanzas para regular as axudas o fomento da natalidade e para regular as axudas para o transporte escolar de alumnas/os do concello que cursen estudos fora do noso concello.
Nestes dous apartados Foz, Plataforma de Futuro estivo a favor, como non podía ser doutro xeito, dando a benvida a calquera iniciativa que mellore a situación económica e social das nosas familias.
Facemos especial fincapé na segunda das ordenanzas, que despois de sufrir ano tras ano os recortes nas becas estudantís, tanto por parte de goberno do estado (PP) coma da Xunta de Galicia (PP), ten que ser a oposición dos pequenos concellos aqueles que poñan un “pequeno” remedio a esta situación de desequilibrio.
Aplaudimos estas ordenanzas, e convidamos os concellos veciños da Mariña a facer o mesmo, para que os estudantes que queiran realizar os seus estudos en Foz tamén dispoñan de axudas para o seu transporte.
No punto número 5 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar a Dirección Xeral de Costas á limpeza da desembocadura do río Ouro en Fazouro.
Fai anos o leito da desembocadura do río Ouro en Fazouro foi cambiado, dende que se fixo esa modificación xa foi necesaria a limpeza da desembocadura do río nalgunha ocasión, sen embargo, xa fai anos que non se procedeu á súa limpeza.
Efectivamente podemos comprobar como de marea baixa a desembocadura do río nestes momentos está practicamente taponada na súa totalidade, quedando soamente un cano estreito de paso da auga. Entendemos necesaria esta actuación sobre todo pensando nas casas que hai río arriba e na propia limpeza natural do río Ouro.
Por todo isto instamos a Dirección Xeral de Costas a que proceda á limpeza da desembocadura do Río Ouro en Fazouro.
Segundo palabras do sr. Alcalde, esta é unha actuación que require de proxecto, xa que estamos nunha zoa protexida por Rede Natura e os trámites medioambientais son longos.
Foz, Plataforma de Futuro entende que sexa necesario estes trámites, pero tamén entende que si se tivese un mínimo mantemento na zoa non estaríamos ante esta situación de tapón da desembocadura do río Ouro.
A proposta foi aprobada por unanimidade.
No punto número 6 da orde do día figuraba a proposta de FPF para solicitar que o equipo de goberno faga as xestións necesarias para a construción dun auditorio en Foz.
En Foz, na actualidade non contamos con auditorio municipal. Despois de moitas promesas políticas, despois de moitas campañas electorais onde o auditorio era unha realidade, despois de haber un proxecto para a súa construción así como unha ubicación acordada con Portos de Galicia, a realidade é que Foz non ten auditorio municipal.
Foz, Plataforma de Futuro levaba no seu programa electoral o facer as xestión necesarias para construír un auditorio no noso concello, e dita proposta é a que trasladamos neste pleno a corporación municipal.
En Foz contamos co salón de actos da Casa de la Cultura, salón de actos do Cenima e Sala Bahía para realizar eventos culturais e de calquera outro tipo, nos que en innumerables ocasións polo seu reducido aforo quedáronse pequenos, impedindo a moitísima xente poder desfrutar de actividades, representacións e concertos. Cabe recordar que hai concellos limítrofes que contan con auditorio pero cunha capacidade bastante pequena, Ribadeo en torno a 300 prazas, Mondoñedo 250, Viveiro 390 e sendo o mais grande o de Burela con 800 prazas. Entendemos que a situación xeográfica de Foz no entorno da Mariña e do Occidente Asturiano fai que pensemos nunhas instalacións que dan cabida a todas as actividades que demandan os nosos veciños, tanto culturais, artísticas, musicais, etc. E tamén a outras que demanden moita mais capacidade, e así ampliar e mellorar a oferta cultural e musical para toda a Mariña. Entendemos que para todo o plantexado necesitariamos ter unhas instalacións deseñadas técnica i esteticamente como tal, que conten cun aforo entorno as mil prazas.
Dentro do noso Concello temos innumerables asociacións culturais que nos veñen reclamando unhas mellores instalacións para realizar as súas actuacións, e estamos vendo como por exemplo, ultimamente a banda de musica fai os seus concertos na igrexa porque ten mellor acústica que os locais anteriormente citados.
Estamos convencidos, de que todas as infraestruturas necesarias para Foz, teñen que ser una realidade o antes posible e que un auditorio municipal, coas características adecuadas é unha delas.
Tamén estamos convencidos de que un proxecto de esta índole ten que ser levado a cabo por toda a Corporación Municipal de forma consensuada y sen divisións que poidan prexudicar o desenrolo e os prazos de execución de este proxecto.
Por todo o anterior Solicitamos ó equipo de Goberno, a que faga as xestións necesarias co resto de administracións públicas, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Goberno do Estado, para conseguir o financiamento para a construción dun Auditorio no Concello de Foz.
Foz, Plataforma de Futuro está moi satisfeito da boa disposición de todos os grupos da corporación, que aprobamos esta proposta por unanimidade e esperamos que non caia en saco roto e volva o caixón do esquecemento. Imos sumar forzas entre todos para que Foz, por fin, conte cun auditorio municipal.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



