Madrid, 17 de xaneiro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou hoxe que Turismo de Galicia apoiará aos empresarios de establecementos de aloxamento mediante unha orde de axudas para obras de renovación das instalacións.
Balseiro realizou estas declaracións no marco da presentación da guía E para comer…Lugo, organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) no stand da Xunta na Feira Internacional de Turismo (Fitur).
O delegado gabou o “o esforzado traballo que tan ben reflicte esta guía gastronómica e turística e na que son protagonistas os hostaleiros lucenses, que cumpren 40 anos como organización, ao servizo de Lugo e da súa provincia”.
Na mesma liña, destacou “os méritos de quen, dende un establecemento de hostalería son alma das nosas vilas e cidades e centro da súa actividade social”, ofertando ademais unha variedade gastronómica “que está ligada intimamente a cada pobo e que merece a pena ver e degustar, o que explica o lema E para comer… Lugo”.
Balseiro incidiu en que a Xunta “apoia os esforzos da hostalería”, para o que neste comezo de ano se porán en marcha oito convocatorias de axudas, dotadas con 5 millóns de euros, para seguir mellorando a oferta turística da provincia.
Entre elas, destacou o plan de renovación de establecementos de aloxamento, cun investimento de 500.000 euros dirixido a estimular, con ata o 35% do custo, a remodelación e modernización das súas instalacións, o que incrementará a calidade do servizo que prestan. Serán subvencionables accións de mellora de accesibilidade, a favor da excelencia ou de aforro enerxético a prol da sustentabilidade ambiental, entre outras.
O delegado territorial da Xunta participa estes días nos actos de promoción da provincia en Fitur. Así, mañá tamén intervirá na presentación da campaña “A Mariña, máxica por natureza” e asistirá ao acto de promoción turística da Deputación Provincial.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



