Burela 10-1-18. “Son unha xogadora forte na marcaxe, con ganas de axudar e dar o mellor de min, de pór en práctica o meu mellor fútbol sala aquí e conseguir bos resultados”, así se definía Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990), máis coñecida como Cami, a nova peche do Pescados Rubén Burela FS. A sede laranxa acolleu esta tarde a presentación oficial da nova cara laranxa de Primeira RFEF; o presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, aplaudiron a chegada da internacional ‘canarinha’ ás filas mariñás, como un “reforzo de calidade contrastada que axudará o equipo no seu firme traballo de seguir medrando nesta ilusionante liga”.
“Tiña moitas ganas de saír do Brasil e a proposta de Burela pareceume moi interesante para gozar do fútbol sala español” confesaba a nova integrante do conxunto mariñán, mirando con ilusión o salto ao futsal en España tras catro tempadas no São José brasileiro e cunha estancia tamén moi enriquecedora en Líbano a comezos de 2017.
Cami, que defenderá o 8 burelista, aterrou na Mariña co recente título de campioa con Brasil na Copa América 2017 (Uruguai), disposta e convencida “para sumar” e consciente da dificultade do reto: “Sigo a liga española dende hai bastante tempo; sei que é unha competición de moito nivel con equipos moi fortes”.
A peche brasileira xa se incorporou á dinámica do equipo a comezos da semana, nun cadro no que non todo son novidades: “Xa coñecía as compañeiras brasileiras, xa compartín pista con elas no Brasil; o recibimento foi excelente por parte de todos; estanme axudando moito todas as compañeiras” explicaba Camila, que poderá estar dispoñible este sábado, na estrea da liga coa visita do Guadalcacín a Vista Alegre (15.45 horas), na penúltima xornada da primeira volta: “Estou moi contenta, espero poder estrearme ben coa camisola laranxa. Estou adaptándome a algunhas nocións do equipo, pero espero responder ben se así o deciden os técnicos” puntualizaba con brillo nos ollos a nova burelista.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
