Lourenzá 15-1-18. Título prestixioso para Iria Rguez este domingo en Lugo con motivo da Cross Ponte Romana onde participou un gran elenco de atletas do territorio nacional.
Iria vencía na categoría sub-12 con un tempo de 4,44 tras un percorrido de 1100 metros.
A súa irmá Ainara remataba en 6º lugar en categoría cadete cun tempo de 9,15 sobre 2250 metros. Ademais o sábado participaba nun control de 600 lisos en Xixón acadando a 1ª praza cun tempo de 1,43,52; unha moi boa marca para o momento da tempada na que nos atopamos.
