Viveiro 17-1-18. A cadea hostaleira Galipizza, que naceu en Viveiro (Lugo) no verán de 1993, aposta forte coas promocións do seu 25 aniversario: a empresa regalará entre os seus seguidores un suculento
premio para toda a vida: entrada gratis de por vida para o Resurrection Fest e comida gratis en
Galipizza durante os días que se celebre o festival, un dos festivais máis importantes e multitudinarios do panorama internacional e que este ano ten como cabezas de cartel aos míticos Kiss e Scorpions.
A promoción foi anunciada na noite do pasado luns e xa está a ter unha grande repercusión nas redes sociais, onde se mantén a expectación sobre que será necesario para participar. De momento Galipizza limitouse a anuncialo baixo o lema “Que farías ti para conseguir isto?”, sen especificar as condicións do concurso.
As respostas dos seus “galipizzeros” son tan variadas e atouladas como tatuarse no corpo os logos do Resu e de Galipizza, peregrinar ou mudarse a Viveiro, superar retos gastronómicos extremos ou mesmo saltar en paracaídas comendo galipizza.
O premio é claro: o gañador conseguirá 4 entadas gratis de por vida para vir ao Resurrection Fest, e durante os días que se celebra o festival poderán tamén comer gratis en Galipizza Viveiro.
“Levamos anos lanzando promocións relacionadas co ‘Resu’, pero sempre tiñan lugar dentro dos nosos locais, polo que os ‘galipizzeros’ que viven fora nunca podían participar”, indica José Manuel Vázquez ‘Leman’, xerente de Galipizza. “Esta é a primeira vez que lanzamos unha campaña internacional, pois poderán acceder ó premio persoas de calquera parte do mundo, pero que veñan ao Resurrection Fest, claro”. Esta acción é a primeira de moitas que está organizando a empresa para celebrar este ano
especial aniversario, xa que ademáis dos 25 anos de Galipizza en Viveiro conmemoran os 10 anos do seu local Dékada e os máis de 20 anos de Galipizza en Ribadeo.