Viveiro 27-1-18. A cadea hostaleira Galipizza, que naceu en Viveiro no verán de 1993, aposta forte coas
promocións do seu 25 aniversario: a empresa regalará entre os seus seguidores un suculento premio para toda a vida: entrada gratis de por vida para o Resurrection Fest e comida gratis en Galipizza durante os días que se celebre o festival, un dos evento máis importantes e multitudinarios do panorama internacional e que terá como cabezas de cartel na edición deste ano aos míticos Kiss e Scorpions.
A promoción, que leva días levantando expectación nas redes sociais, xa está en marcha e o reto consiste en crear unha peza audiovisual (foto ou vídeo) que combine estes tres ingredientes: a esencia de Galipizza, do Resurrection Fest e do grupo Kiss.
Galipizza ofrece entrada gratis para toda a vida no Resurrection Fest e comida gratis no seu local de Viveiro de por vida durante os días que se celebra o festival ao gañador do concurso e aos 3 amigos que elixa para acompañalo toda a vida.
O prazo para enviar as pezas do concurso finaliza o sábado 30 de xuño e pouco despois darase a coñecer o gañador e os seus acompañantes, que a comezos do mes de xullo xa poderán disfrutar do seu primeiro ano de Premio, que será válido “mentres sigamos existindo Galipizza Viveiro, o Resurrection Fest en Viveiro e a persoa gañadora do concurso”. O premio non se pode herdar nin transmitir a ootras persoas.
Agora ábrese o prazo para a creación e envío das obras, das que se valorará a súa creatividade e orixinalidade, a sorpresa que cause e tamén a repercusión social que poida lograr nas redes e medios de comunicación. O envío das imaxes ou a solicitude de información pode realizarse a través da web de Galipizza ou das súas redes sociais.
“Levamos anos lanzando promocións relacionadas co ‘Resu’, pero sempre tiñan lugar dentro dos nosos locais, polo que os ‘galipizzeros’ que viven fora nunca podían participar”, indica José Manuel Vázquez ‘Leman’, xerente de Galipizza. “Esta é a primeira vez que lanzamos unha campaña internacional, pois poderán acceder ó premio persoas de calquera parte do mundo, pero que veñan ao Resurrection Fest, claro”.





















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



