A Mariña, 13 de xaneiro de 2018. A terceira e última etapa da Caravana Pola Sanidade Pública convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña partiu hoxe ás 11 da mañá simultáneamente dos Centros de Saúde de Foz, Valadouro e San Cibrao. Xuntáronse máis de trescentos coches que avanzando a velocidade moi reducida lograron colapsar as estradas e a rúa Arcadio Pardiñas, arteria principal da vila de Burela.
A caravana rematou na explanada do porto de Burela e desde unas mil persoas se dirixiron camiñando ate o Centro de saúde de Burela.Abría a manifestación a pancarta da Plataforma Sanitaria, portada por membr”s activos da mesma.Diante do Centro de Saúde deuse lectura a un manifesto no que se lembraban as pretensións da gobernó da Xunta de eliminar a área Sanitaria da Mariña sen ter en conta a vontade popular e as peculiaridades desta comarca ,como a distancia ao hospital de segundo nivel e o número de habitantes,que son por se mesmas máis que suficientes para xustificar a Área Propia.
Para rematar o acto chamouse @s veciñ@s da Mariña a seguir coa movilización social, que é a única forma de parar este proxecto de modificación da lei de saúde de Galicia e convocouse á comarca a asistir á gran mobilización que o vindeiro 4 de febrero sairá da Alameda de Santiago ás 12 horas. Fletaranse autobuses para o desprazamento ate Santiago dos que informaremos pormenorizadamente nos vindeiros días.
MANIFESTO PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA
(PARTE 1)
Bo día veciños e veciñas.
O primeiro de todo agradecervos a vosa resistencia e capacidade de mobilización desde fai 5 meses contra este novo ataque de quen está a gobernar contra a nosa sanidade pública, a sanidade de todas e de todos.
Sodes un exemplo de traballo e dignidade que sitúa a esta comarca na vangarda na defensa da sanidade de todas.
Tamén o noso agradecemento a aquelas e aqueles que agora mesmo están traballando e que lles gostaría estar aquí. Que saibades que estades aquí e agora connosco.
Como ben sabedes, o pasado 2 de agosto, foi publicado o Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Saúde de Galicia na que suprimen as actuais Áreas Sanitarias de O Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. Publicación feita con premeditación, aleivosía e escurantismo, en pleno mes de Agosto, con moitos profesionais e veciñanza de vacacións e sen diálogo previo.
Xa vemos como concibe o Goberno do Señor Núñez Feijoó a negociación e a transparencia!!
A pesar de este escurantismo hai que resaltar a importante participación cidadá e do movemento social no rexeitamento desta reforma sanitaria, posto que nunca antes se acadaran un número tan elevado de queixas no Portal de Transparencia da Xunta.
O obxectivo do Goberno do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da Sanidade Pública, consolidando a liña de recortes, que tanto dano fixeron e están facendo o noso Sistema de Saúde, provocando un perda no numero de camas e servizos nos hospitais comarcais e afastando de este xeito a resolución dos problemas da cidadanía.
Baleira de contido os hospitais comarcais coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios nos grandes hospitais. Esta medida supón unha gran barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria , especialmente a poboación rural e máis avellentada.
A modificación da Lei introduce un perigoso cambio na maneira de xestionar e planificar os servizos sanitarios, un perverso cambio de modelo no que pasamos de basearnos “nas necesidades sanitarias e asistenciais da poboación” (Lei vixente) a ter só en conta os “recursos sanitarios existentes” (Lei modificada). Cambio moi substancial, que permite concentrar os recursos onde máis conveña ou estean xa instalados e que sexa a poboación a que teña que acudir a eles… SE PODE.
Consolida, ademais, o abandono e relegación da Atención Primaria, a máis próxima e accesíbel para os cidadáns e doentes, que xa non recuperará as súas estruturas de planificación e xestión, o seu presuposto propio e os seus orzamentos, afondando nun deterioro da calidade asistencial xa imparable.
Señor Núñez Feijoo: A SANIDADE NON SE VENDE!!… DEFÉNDESE!!
(PARTE 2)
SABEDES O QUE ACONTECEU DESDE QUE PASAMOS A DEPENDER DE LUGO NO ANO 2013? ÍMOSVOLO A CONTAR
Dende que pasamos a depender de Lugo no 2013 esta Área sufriu unha parálise no seu crecemento con unha perda total da súa autonomía, identidade e desenvolvemento. Xa naquel momento manifestamos a nosa preocupación pola situación de esta Área Sanitaria e polas condicións nas que nos atoparíamos unha vez que se materializase esta integración. Temiamos que isto suporía unha absorción por parte do HULA ao trasladarse a ese centro todos os órganos de decisión, planificación e xestión. Non nos equivocábamos.
– Sabedes que agora desaparecemos como Área Sanitaria e pasamos a ser pacientes de Lugo?, que ata o de agora nos invitaban a ir a Polusa e a Virxen dos Ollos Grandes pero cando desapareza a Área pasarán a obrigarnos?
– Sabedes que nos están a retirar servizos sanitarios?
– Sabedes que queren centralizar as intervencións cirúrxicas en Lugo e que moitos especialistas din que se os obrigan a ir a operar a Lugo pedirán traslado e marcharán da Mariña e que ninguén quererá vir a traballar aquí nesas condicións?
– Sabedes que agora para implantar un marcapasos nos derivan a Lugo?, que pra cambiarlle as pilas temos que ir a Lugo?
– Sabedes que agora para operar ao teu neno dunha fimose nos derivan a Coruña?
– Sabedes que agora para operar unhas cataratas nos derivan a Lugo a centros privados?
_Que para operarnos dun xeonllo nos derivan a Lugo a centros privados?
– Sabedes que unha soa enfermeira queda toda a noite ao cuidado de máis de 30 pacientes?
_Sabedes que so hai 3 celadores polas noites para atender urxencias, quirófanos, UCI, partos, cambios de postura de pacientes encamados etc, e que esta falla de celadores paraliza a actividade de persoal sanitario que teñen que esperar por un celador que non hai.
– Sabedes que o servizo de oncoloxía non ten consulta de enfermeira para prestar educación sanitaria a pacientes e familiares como no resto de hospitais? Sabedes que o hospital de día de oncoloxía está en precario, sen oncólogos propios que se ven obrigados a vir á Mariña dende Lugo despois de facer unha garda e sen durmir? Sabedes que no hospital non temos presenza de oncólogos e cando ingresa un paciente queda ao cargo dun internista xa que os oncólogos non pertencen á Mariña?
– Sabedes que para facer unha proba de esforzo de cardioloxía temos que agardar máis de un ano?
Sabedes que o servizo de Anatomía Patolóxica se atopa abandonado, sen persoal suficiente atrasando o diagnostico do cancro e de enfermidades moi graves?
– Sabedes que a ampliación do Hospital amplía espazos pero non servizos? Non teremos máis quirófanos, non teremos máis plantas de hospitalización, non amplían a UCI, non teremos novas especialidades. O que realmente se amplía é a área de consultas.
– Sabedes que levamos anos demandando a necesidade dunha resonancia magnética e de aparellos para realizar a densitometría ósea, electromiográmas, placas dentais e sempre nos dicían que non había espazo para ubicalos e agora que están a crear espazo sabedes que non queren traelos? Sabedes que non os queren traer xa que teñen un negocio montado coas privadas de Lugo?
– Sabedes que o persoal do servizo de diálise elaborou un proxecto para implantar na comarca hemodiálises a domicilio? Sabedes que para iso precisaban atopar pacientes dispostos a inicialo? Sabedes que logo de atopalos e presentar o proxecto, Lugo apoderouse da iniciativa e os pacientes da Mariña tiveron que pasar 1 mes en Lugo recibindo educación sanitaria?. Resumindo, roubáronnos o servizo e o implantaron en Lugo.
– Sabedes que os nosos centros de saúde están totalmente abandonados, con falta de persoal médico, de enfermería, administrativo, material e longas listas de espera?
– Sabedes que non se cubren as ausencias dos nosos profesionais e non mandan a ninguén de Lugo para aquí?
(PARTE 3)
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña…
EXISIMOS a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde
EXIXIMOS A NON SUPRESIÓN das Áreas Sanitarias
EXIXIMOS A DESVINCULACIÓN da xestión integrada con Lugo e que A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA INTEGRADA PROPIA como a comarca de Ferrol.
EXIXIMOS A MELLORA NA ATENCION PRIMARIA e a dotación de recursos económicos e humanos necesarios para acadar a mellor calidade asistencial.
PORQUE GOBERNE QUEN GOBERNE A SANIDADE NON SE VENDE: DEFENDESE!!
E témola que defender as persoas que cremos nela, que apostamos por unha sanidade pública e de calidade.
Empregando a linguaxe sanitaria, poderiamos afirmar que a sanidade na Área da Mariña esta na UCI e cun prognostico reservado, e de levarse a cabo a supresión da Área Sanitaria, a gravidade desta paciente que é a Sanidade Pública da Mariña
empeorará drasticamente, mentres non se cambien as políticas que esta a aplicar o goberno do PP e que afogan á cidadanía.
Non consintamos que continúen co desmantelamento da Área da Mariña!!
LOITEMOS POLA SANIDADE PUBLICA !!
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



