Mondoñedo, 27 de xaneiro de 2018.- Mondoñedo celebra o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 17 de febreiro. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e o de Deportes, Industria e Promoción Económica, Manuel Tapia, presentaron esta mañá o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios, con seis galardoados na categoría de comparsas e cinco na de grupos, ademais dos individuais.
Alberto García asegurou que dende o Goberno local “amosámonos anualmente comprometidos coa celebración do Entroido e coa importancia de incluír novidades e cambios na súa programación, que permitan dinamizar e impulsar o tradicional desfile da nosa cidade, ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”.
Pola súa banda, o edil de Deportes, adiantou que as bases do concurso que rexerán o desfile de Entroido se farán públicas no vindeiros días e aconsellou “a súa lectura antes de formalizar as inscricións” ao tempo que animou “a participar do noso Entroido, que este ano estará acompañado de verbena e música ata ben entrada a noite”.
Dende o Goberno local tamén explicaron que esta anualidade, o Entroido inclúe novidades na súa programación. Ademais de cambios no número de premios por categoría, con seis na de comparsas e cinco na de grupos; o Concello instalará na Praza do Concello unha carpa onde se coñecerán os fallos do xurado, tras cuxa entrega de galardóns, actuará a orquestra Salsarena. Xa pola noite, os mindonienses e asistentes poderán tamén desfrutar da actuación dun dj, que porá música á noite de Entroido na cidade.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



