Burela, 17 de xaneiro de 2018. A Concellería de Cultura convoca a todas as asociacións de Burela e ao comercio local a asistir a unha xuntanza que se celebrará este venres, 19 de xaneiro, ás 20:30 horas no salón de plenos do Concello para perfilar o programa do vindeiro Entroido.
O edil José Díaz subliña que “o obxectivo é tentar organizar os carnavais deste 2018 entre todos e da mellor forma posible”.
O concelleiro burelés explica que “a organización correrá a cargo este ano da Delegación de Cultura, a través da Casa da Xuventude para as inscricións e o asesoramento a participantes. Contamos coa colaboración en principio de Gaia, Dambara, a Comision de Festas de Burela… pero estamos abertos a outras colaboracións que poidan xurdir. De aí que convoquemos o encontro que terá lugar este venres no Concello e ao que convidamos a todas as asociacións, colectivos e ao comercio local a acudir”.