A cea dará comezo ás 22:00 horas e celebrarase no polideportivo de San Cosme de Barreiros. O menú constará de sopa de cocido, cocido con morro, rabo, orella, lacón, botelo, costela salgada, carne fresca, patacas, garavanzos, chourizo e repolo. Ademais completarase con postre, viño tinto, auga e refresco, café e chupito. Será servida polo catering Chao dos Navais, e o prezo por persoa é de 20 euros. Esta Cea Baile de Entroido estará amenizada por Discoteca móbil Eventec. Os asistentes poden ir disfrazados si o desexan. As persoas interesadas en participar nesta cea poden facer as súas reservas nos números de teléfono 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) e 609 575 536 (Iria).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



