Cervo, 31 de xaneiro de 2018.- O Concello de Cervo vén de rematar as obras de ampliación da Escola Infantil Municipal que está ubicada na Casa do Mar, en San Ciprián.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron supervisando os traballos que consistiron na construción dunha nova aula, con baño infantil integrado, de 30 m2, emprazada onde estaban os aseos; “coa que logramos incrementar a capacidade do centro en 15 prazas, pasando das 39 que ten na actualidade, a 54”.
A obra de ampliación contou cun orzamento de 33.493 euros, todos eles procedentes de fondos municipais; e para facer esta actuación “reestruturamos toda a planta baixa da Casa do Mar, na que construímos dous novos aseos, un deles adaptado; para os que destinamos 13.475 euros”.
Villares apuntou que axilizamos o máximo posible as xestións e os traballos de ampliación da Escola Infantil, tentando que a actividade diaria do centro se vise alterada o mínimo; e agora estamos a ultimar os trámites e os permisos necesarios, nos que temén se inclúe a inspección por parte dos técnicos da Consellería de Educación das novas instalacións; “e a nosa previsión e ter en funcionamento de xeito inmediato esta nova aula coa que pretendemos dar resposta ás necesidades e demandas das familias, para contribuír a facilitar a conciliación”.
Pola súa banda, Caramés apuntou que é a segunda vez que incrementamos o número de prazas, e recordou que “case as dobramos no 2015, cando cambiamos de ubicación a Escola, da Zona do Porto de Arriba á Casa do Mar, pasando de 20, ás 38 prazas que hai na actualidade; e agora imos dar ese paso máis co fin de tentar cubrir ao 100% as demandas das familias e que teñan a posibilidade de facer uso das instalacións en función das súas necesidades”.
A ampliación do centro vén sumarse a outras inversións importantes que se fixeron nos últimos meses no centro; como foi a renovación e mellora do equipamento; coa ampliación da zona de xogos dos pequenos e a adquisición de novo material tecnolóxico e didáctico, que contou cunha inversión de 12.631 euros. Unha actuación que se levou a cabo grazas a unha subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cofinanciada polo fondo europeo de desenvolvemento rexional, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2015-2020, que ascendeu a 11.368 euros.
Tal e como apuntou o rexedor “estamos a facer unha inversión continua na Escola Infantil Municipal, porque para nós a educación é un piar fundamental e prioritario dentro da nosa política, de feito, nos tres últimos anos investimos nestas instalacións máis de 200.000 euros, tendo en conta que no 2015 tivo lugar o traslado deste servizo á Casa do Mar de San Ciprián, onde está ubicado na actualidade”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



