Lugo, 19 de xaneiro de 2018. O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, avanzou que o Executivo Provincial aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento de 1,3 millóns de euros para mellorar infraestruturas e dotacións públicas aos veciños de 10 municipios. Martínez Núñez explicou que son 1,2 millóns de euros para mellorar acondicionar 24 quilómetros de 7 estradas que discorren por 4 municipios e outros 106.000 euros para melloras en accesos rurais, alumeados públicos ou rúas doutros 6 municipios. Deste xeito, o Goberno da Deputación aprobou as seguintes melloras:
– 10 quilómetros de 2 estradas en Cervantes: a LU-P-1401, de Doiras ao Límite provincial de León, e a LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira a Vilaquinte.
– 3,1 quilómetros de 2 estradas no Incio: a LU-P-2503, do Incio por Vilarxoan á LU-P-5603, e a LU-P-2506, da LU-P-5711 en Saa por Balbón a Pacios.
– 5 quilómetros da LU-P-0609, de Vilamar (LU-133)-Gondán-Cruce da Insua, en Barreiros.
– 5,5 quilómetros de 2 estradas na Pastoriza: a LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, a Lindín, e a LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña a Muiñonovo.
– Mellora de accesos dos núcleos Armesto, Feira Vella; ademais de melloras en eficiencia enerxética nas rúas Valgamarína, Caldeiro e Campo do Pacio, en Becerreá
– Melloras na Rúa Estación, en Burela
– Mellora de accesos nos núcleos de Castelo de Frades, Rionaval e Airoá, en Cervantes.
– Rehabilitación de camiños en Zanfoga, en Cervantes.
– Reforzo do firme en Camiño Real – Núcleo urbano de Celeiro, en Viveiro
– Melloras no camiño de Regosanguento, en Palmeiro, Xove.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



