Lugo, 10 de xaneiro de 2018. O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, avanzou este mércores que o Goberno Provincial mobilizou ás estradas provinciais, reforzando a Montaña e a Mariña, un dispositivo especial debido ás posibles inclemencias meteorolóxicas que se prevén para hoxe. Na rede viaria da Deputación hai outros 78 operarios e 38 máquinas preparados. A previsión é que o temporal de neve e vento chegue a Lugo ás 16:00 horas.
Na Montaña, hai outros 60 operarios e 32 máquinas. Espéranse acumulacións de neve e xeo en estradas de Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, O Incio, Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz. Recoméndase circular con precaución polas vías destes concellos e reducir ao mínimo os desprazamentos.
Na Mariña, hai 18 operarios e 6 máquinas pois a auga e o vento poderían ocasionar caídas de árbores ou desprendementos.
Cómpre resaltar que o Goberno da Deputación ofrece asistencia viaria MUNICIPAL a todos os Concellos da provincia que o soliciten. Faino de xeito totalmente gratuíto. Trátase dunha prestación que non ofrecen o resto de administracións, que é moi necesario para as entidades locais, debido á súa falta de medios.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



