Barreiros, 18 de xaneiro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, fixo hoxe balance dos danos causados polo mar nas últimas horas nos areais do municipio. O rexedor subliñou que levou unha ponte en Remior, moveu as escaleiras situadas fronte ao cámping Gaivota e ocasionou danos nos aseos de Benquerencia. Non houbo que lamentar danos persoais.
Fuente Parga, que estes días se atopa en Fitur en Madrid, sinalou que “os datos que nos deixa a desfeita realizada polo mar no día de onte son que levou a ponte de Remior, causou desperfectos nos aseos de Benquerencia e as escaleiras que están fronte ao Cámping Gaivota tamén as moveu. Son eses tres danos, eu pensaba vendo os vídeos da xornada de onte que poderían ser máis cuantiosos, estes son importantes e a ver si podemos poñer todo en servizo xa de cara á Semana Santa e como non antes do verán, claro”.
O alcalde barreirense dixo que “non houbo que lamentar danos persoais. Sempre se avisa moito e cada vez a xente está máis concienciada. Parece bonito ver esa actuación do mar, pero hai que apartarse porque como se ve parece que non vai chegar, pero de repente unha ola, un golpe de mar se adentra en terra e pode ocasionar danos persoais. Por iso insistimos en que cando se dean estas circunstancias debemos evitar todos achegarnos á costa”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



