Burela 2-1-18. O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo co Noia Portus Apostoli para que o pivote brasileiro Kelson Francisco Vinicius de Campos (São Caetano do Sul, 1993) dispute a segunda volta no club coruñés. Así foi formalizado esta mesma mañá na sede burelista polo vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, e o presidente da entidade coruñesa, Severino Barreiro.
O xogador canarinho, que recalou na Mariña esta tempada, será presentado oficialmente no seu novo destino esta tarde-noite.
Cuartos de Copa Galicia
Tras o 0-2 en contra do final da primeira volta e de 2017, o Pescados Rubén Burela FS volverá verse co Noia en cuartos de Copa Galicia, eliminatoria a partido único que deberá disputarse entre o 19 de xaneiro e o 24 de febreiro.
Os outros emparellamentos de cuartos de final:
Sport Sala Culleredo-O Esteo FS
Pizarras Los Tres Cuñados-Santiago Futsal
Sala Ourense-O Parrulo Ferrol FS






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
