Barreiros, 15 de xaneiro de 2018. O custe da empresa de limpeza de praias polo que o BNG preguntou insistentemente durante o verán pasado e, incluso, rematado este “descúbrese agora, coas facturas que quedaron sen pagar no 2017. O importe deses traballos, adxudicados directamente a unha empresa, ascende a máis de 20.000 euros; aos que hai que sumar outros traballos realizados por outras empresas – que tamén levan sen cobrar desde o verán- por importe de arredor de 38.000 euros”, explica a portavoz municipal do BNG.
Para o BNG iste é o exemplo claro do xeito de xestionar e administrar os cartos públicos que ten o goberno do PP en Barreiros, con Alfonso Fuente á cabeza: “non teñen máis preocupacións que lavar a cara cando hai protestas veciñais ou se fai público o funcionamento real do Concello. A improvisación que amosou o goberno de Barreiros durante o verán saénos ás veciñas e veciños por cerca de 40.000 euros, só no que se refire á traballos de limpeza e desbroces nas praias”, afirma Ana Ermida.
Os orzamentos para o 2018 non son reais e non aseguran os cartos para facer fronte ás obrigas que ten o Concello.
O grupo municipal do BNG votou no pleno de hoxe en contra da aprobación do orzamento para o 2018. “En primeiro lugar, porque as preferencias de gasto do Partido Popular e as do BNG son diametralmente opostas. Nós non cremos que sexa lícito orzamentar 50.000 euros para o avogado, 10.000 euros para protocolo e 16.400 euros para propaganda e publicidade; mentres se orzamentan 3.000 euros para emerxencia social”, expón a portavoz municipal.
Pero, ademais, Ana Ermida asegura que “os orzamentos que se presentan están falseados e os números que se poñen no papel non serven despois para asegurar o funcionamento do Concello”. “Non é só que se inclúan partidas de ingresos infladas sabendo que xa no 2017 se recaudou menos por eses conceptos, como é o caso do IBI ou da taxa por abastecemento de auga. É que para gastos nos que o que se orzamentou o ano pasado non chegou, neste ano métense os mesmos ou menos cartos”, explica.
Como exemplo sinala un caso “moi ilustrativo”: para facturas do alumeado público o ano pasado orzamentáronse 125.000 euros. Non chegaron, pois este ano hai que aprobar facturas que están sen pagar de 18.539, 32 euros. Para o 2018, o orzamento nesta partida é de 80.000 euros, do que hai que sacar eses 18.540 euros que se deben do 2017. Polo tanto, o que queda para facturas do alumeado público para este ano son 61.460, 68 euros, cando o ano pasado se gastaron 143.539,32 euros.
“Alguén no seu sano xuízo pode facer ese tipo de previsións cos cartos de todas e todos e durmir tranquilo?”, pregunta Ana Ermida. “Se o ano pasado se deixaron de pagar as facturas da luz en agosto, neste ano cando se deixarán de pagar?”, insiste. “Está claro que as preocupacións do PP en Barreiros non son como vai rematar este 2018, senón que vai pasar ao comezo”, conclúe.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



