Son os pequenos detalles os que demostran as capacidades de empatía das persoas, a forma de coidar o teu e ós teus, amosa no fondo a túa capacidade humana. Está é unha máxima tamén no mundo empresarial e, como non, no xeito de xestionar dende a política.
A forma na que o PP coida os detalles no eido do patrimonio deste País, é un feito singular que demostra o sentimento deste goberno da Xunta cara o que nos diferenza como pobo e nos da singularidade: as raíces, a orixe. A xunta directamente, pasa do Patrimonio, bordeando a incompetencia. Actuando en moitas ocasións dunha forma que supón unha clara deixadez de funcións.
Galicia é unha terra rica en Patrimonio de todos os tempos, é unha cultura con fondas e fortes raíces. Un Patrimonio que con xeito debe ser transformado nun motor económico. Mais hoxe non o é pola falta de visión e de traballo serio e rigoroso dos nosos xestores.
Basta unha ollada na rede e na prensa para ver aberracións: castros plantados de eucalipto, dolmens desmontados, círculos líticos soterrados por estradas, camposantos antigos cunha pista forestal polo medio, BIC´s en estado de ruína, construtoras que cobran unha indemnización por arrasar un poboado castrexo e medieval, obxectos históricos en caixóns, a muralla de Lugo coas luces de Nadal “atornilladas” e como cumio dos depropósitos as figuras do Pórtico da Gloria para goce da familia Franco. Mentres isto ocorre o Presidente de Galicia mira cara outro lado. Este é o detalle, non lle importa a singularidade de Galicia.
En calquera lugar do mundo a nosa riqueza patrimonial sería un piar da economía, o descuberto e o que está por descubrir, o que se olla e o que non. En Irlanda ou Inglaterra, por exemplo, potenciarían este sector atraendo xente de todo o mundo e xerando actividade alí onde fose preciso. Con sentidiño e preservando o que temos está podería ser unha ferramenta para fomentar un emprego de calidade e un turismo tamén calidade e sobor de todo desestacionalizado.
Calquera persoa que sinta os seus orixes, estaría fachendoso de ensinar estes tesouros que xunto o patrimonio inmaterial terían que ser un polo de atracción. Compre poñer en valor está realidade, compre coidar o noso e potenciar o que nos da os sinais de pobo, compre resaltar o potencial do Finisterrae que atraía asentamentos e culturas. En definitiva o que foi facendo e construíndo Galicia e aos galegos.
Non están os tempos para desbotar tan facilmente unha vantaxe competitiva que poucos países e rexións teñen. Pode facilmente ter un peso moi forte e importante no noso PIB,
O caso é querer.
O caso é sentir.
O caso é coidar o detalle.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



