Ribadeo, 10 de xaneiro de 2018. O Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos do Concello de Ribadeo contará un ano máis coa colaboración da asociación ASEDUC para realizar o programa Infórmate… perde o medo sobre a prevención de VIH-SIDA. Traballarán durante 4 sesións no CIFP Porta da Auga co alumnado de Formación Profesional Básica (22 alumnos e alumnas) e durante outras 4 co alumnado de 3º de ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros (61 alumnos e alumnas).
No CIFP Porta de Auga a actividade desenvolverase os días 16, 23 e 30 de xaneiro e o 6 de febreiro. E no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros será os días 12 e 19 de marzo e 9 e 16 de abril. As sesións terán unha duración de 50 minutos.
A responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, Mónica Fernández Lamparte, sinala que “tras o parón do Nadal retomamos as actividades nos centros de ensino cos seguintes programas: Non pasa nada, pasa algo, que realizamos no CIFP con 22 alumnos de Formación Profesional Básica. Xa levamos 4 sesións e probablemente continuaremos con varias máis xa que estamos a traballar nun programa preventivo sobre o consumo de hachís e marihuana. Prevención de adiccións con e sin substancia (adiccións comportamentais) en todos os centros de ensino de educación Primaria, en 5º/6º curso (centros de Ribadeo, Barreiros, Trabada e A Pontenova). Son 4 sesións nas que falamos do que son as drogas, as adiccións comportamentais (adicción a Internet, as compras, etc), da presión do grupo de amigos-as… (141alumnos e alumnas)”.
E engadiu que “tamén seguiremos con Cinensino. Este trimestre proxectarase a 2º película para alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO dos centros Colexio Sagrado Corazón e IES de Ribadeo Dionisio Gamallo (238 alumnos e alumnas e 11 profesores-as). E continuamos tamén informando dende a páxina de facebook AdiccionsZeroRibadeo, na que contamos con 1.054 seguidores/as”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



