Barreiros, 15 de xaneiro de 2018.- A voceira socialista do Concello de Barreiros, María Carmen Veiga, destacou este luns que “o presuposto municipal reflexa a absoluta desidia dun Alcalde que non atende aos seus veciños”.
María Carmen Veiga explicou que “é un presuposto tramposo, no que a Fuente Parga non lle interesa recoller os case 3 millóns de euros que adebeda o Concello, e polo tanto todos os veciños, debido a súa nefasta xestión e absoluta desidia”.
“O Alcalde deixa aos seus veciños sen investimento municipal algún para mellorar a súa calidade de vida. As únicas aportacións económicas que recibiremos os veciños de Barreiros para acondicionar as nosas dotacións públicas, ofrecer servizos sociais imprescindibles ou xerar emprego serán as que fagamos os socialistas dende o Goberno da Deputación, tal e como xa, lamentablemente, aconteceu no 2017”.
Neste senso, a voceiro apuntou algúns dos investimentos que o Goberno do PSOE na Deputación levou a Barreiros como, por exemplo, os 200.000 euros para mellorar o abastecemento na Barranca, o alumeado público no Couto, Seona e Saíñas, os accesos da Igrexa de Reinante á Casa Panta, de Sarxende-Casa do Merlo, do Camiño Paco o Aparejador, do campo de fútbol das Valgas…; os 48.000 euros para a xeración de novos postos de traballo ou os máis de 24.000 euros para a prestación de servizos sociais a máis de 20 maiores do Concello, entre outras achegas.
María Carmen Veiga subliñou que “o Alcalde nin ofrece investimentos municipais aos seus veciños nin tan sequera se preocupa ou pelexa para que o seus compañeiros do PP, que están á fronte das principais administracións do país, como son a Xunta e o Goberno Central, traian investimentos que respondan as necesidades que temos en Barreiros”.
“É exemplo disto a tan necesaria e inexistente depuradora de Arealonga para a que o PP non contempla financiamento algún no orzamento da Xunta, cando é esta a administración, a través de Augas de Galicia, a que ten as competencias na materia e a responsabilidade última de responder aos graves problemas que sufrimos na zona”.
“Do único que se preocupan os compañeiros do Alcalde no Partido Popular é de multar aos veciños de Barreiros por non ter esta depuradora, pois recibíronse preto dunha decena de sancións por valor de 17.500 euros, que teremos que pagar todos os veciños de Barreiros cos nosos fondos públicos pola absoluta deixadez e desidia do Alcalde e do Partido Popular”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



