Foz 18-1-18. “O Chícaro” o rei emérito da ría do Masma.
Estamos en Foz en vésperas da festa gastronómica do berberecho, que xa está asentada no calendario local e da que nos sentimos orgullosos.
Dende a asociación A Ribeira de Foz non queremos deixar pasar esta ocasión sen facer unha pequena crítica construtiva arredor da temática da festa. É cando menos curioso celebrar unha festa para exaltar o berberecho, “o chícaro”, sen que un só quilogramo deste manxar sexa procedente da nosa ría. Este ben marisqueiro, que non hai tanto tempo foi o rei da nosa ría e que agora está case desaparecido. Dicimos que foi o rei porque non hai tantos anos era tal a cantidade deste bivalvo a que poboaba os “taros” bancos de area nas baixamares, que as xentes que ian apañalos incluso os usaba para abonar as terras da labranza.
Nós non imos entrar en saber o por que a desaparición da poboación de bivalvos, que por certo, curiosamente foi diminuíndo de forma exponencial tras a prohibición de poder mariscar libremente na ría, din que xa non o hai porque agora hai cen mil lavadoras, ou que si o cerramento de espigóns da ría fai que agora non osixene bastante…non vamos a profundar nas posibles causas, pois non somos biólogos. Pero do que si estamos seguros e temos a total certeza e do seguinte “A ría igual que a terra hai que traballala” e se non se labra non se recolle, tan só medran as silvas.
Sempre reivindicamos dende o noso colectivo unha recuperación natural da nosa ría, e un mellor aproveitamento do recurso tanto no aspecto turístico como no marisqueiro.
Como facelo? Algúns de nós cando fomos nenos, tivemos a fortuna de ter no colexio unha materia que se chamaba “Aulas de Acuicultura” na cal iamos a ría acompañados de biólogos que nos daban leccións prácticas e teóricas das labores do marisqueo. Alí mesmo, na ría, tiñamos uns ferradiños de area nos que sachabamos e sementabamos ameixas de todo tipo, berberechos, e ata unha pequena batea que tiñamos con ostras. Ben, pois eses pequenas parcelas como leiras de casas, traballadas con sachos por uns nenos de colexio, daban en cuestión de meses unha produción fermosa de bivalvos, nenos que recordamos ir con moitas ganas o colexio o día de “aulas de acuicultura”.
De este relato ven a nosa proposición a todos os organismos responsables de fomentar e crear emprego: Xunta, Deputación, Concello, etc. Na ría de Foz danse as condicións idóneas para crear moitos postos de traballo, fagan vostedes escolas de marisqueo, escolas taller como as que se fixeron de outros oficios xa masificados e que a maioria so serviron para que os concellos tivesen cos alunmnos das mesmas, una man de obra barata para chapuzas varias, fagan escolas de marisqueo para xente desempregada, xovenes etc. Axuden a estas escolas e os alumnos a que podan aproveitar o rico recurso dos brancos areais da ría de Foz , danlles despois o permex e os recursos necesarios para ter a oportunidade de ter un traballo mais que digno mariscando nunha ría que agora está a podrecer, pero que seguro se rexuvenecería con eses cincuenta ou mais mariscadores que sen dúbida poderían estar traballando aquí da mesma maneira que se fai nas Rías Baixas.
Para todo isto, o primeiro sería claro: sacar do medio unha depuradora noxenta que a día de hoxe segue a contaminar as augas da desembocadura do Masma, e que xa está a tardar demasiado o seu traslado a outra zona.
Os da Ribeira de Foz temos claro dúas cousas “A ria igual que a terra hai que traballa” e “O Chícaro era o rei”, queremos esta festa gastronómica siga a facerse moitos anos e que con sorte nalgún deles poidamos ter “Chícaros” de Foz.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



