Ribadeo 10-1-18. O acto terá lugar este sábado 13 de xaneiro ás 20.00h. no Cine Teatro.
Os 4 filmes que conforman este ciclo de cinema itinerante son:
– Illa Pedra de Adriana Páramo (London Film School)
– Einstein-Rosen de Olga Osorio (Mestre Mateo 2017 á mellor curtametraxe e ducias de premios e centenares de seleccións en festivais internacionais)
– Curricán de Álvaro Gago (Premio do Público en Cans 2015)
– Superpunky, el Musical de Pablo Cacheda (apodado o “La la land galego”)
Intervirán os organizadores do ciclo, directores e produtores das obras e membros do elenco artístico.
Posterior ás proxeccións, haberá coloquio cos representantes das obras e un aperitivo de produtos galegos.
