A parroquia de San Román celebrará o Entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro. A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e por Raquel Ferreira, en representación das Espalladoras, e Leandro Río, como Presidente da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento. A Festa será ás 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ola ADN. Repartiranse case 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga. A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



