Burela 25-2-18. Os Axentes da Policía Local de Burela tiveron a pasada noite de sábado unha noite movida no que a traballo se refire. Tras darlle o alto a un vehículo cando realizaban un control na Avenida Arcadio Pardiñas, o conductor dun dos vehículos deixou o mesmo no lado dereito da calzada e emprendeu a fuxida a pe para tratar de escapar dos axentes, facendo caso omiso ás ordes de que se detivera efectuadas polos mesmos. Tras unha carreira de mais de 150 metros polo medio da Avenida Arcadio Pardiñas, os dous Axentes de servicio conseguiron alcanzar ó conductor do vehículo, o cal intentou zafarse destes para continuar a súa fuxida, resistindose á detención e tendo que ser reducido polos axentes actuantes. Cando os axentes estaban a efectuar a detención chegou ó lugar a persoa que acompañaba ó conductor, o cal agrede ós axentes actuantes empuxando un contenedor de residuos que estaba alí ubicado enriba dos axentes, chegando a impactar neles. Os axentes tiveron que solicitar axuda a través do número de emerxencias 112 para que se persoara no lugar unha patrulla da Garda Civil do Posto de Burela. O conductor do vehículo A.C.S.G de 36 anos foi denunciado polos axentes como autor dun presunto Delito recollido no artígo 379.2 do Código Penal, xa que deu unha tasa positiva de 0,72 mg/l e será xulgado o próximo xoves en Viveiro, enfrentarase a penas de prisión que van de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses e a privación do dereito a conducir vehículos a motor por un tempo de 1 a 4 anos. O acompañante M.A.S de 35 anos foi denunciado por un presunto Delito de Atentado contra os Axentes da Autoridade no exercicio das súas función e será xulgado tamén en Viveiro. Este delito leva aparelladas penas de prisión que van de 6 meses a 3 anos.
A Policía Local participou ademáis, nunca persecución en coche xunto con unha patrulla da Garda Civil de Burela dun vehículo que se deu á fuga nun control que estaba a ser efectuado conxuntamente por ambos corpos. Os Axentes puideron localizar finalmente o vehículo no que non se atopaba o conductor do mesmo. O vehículo carecía de Seguro Obligatorio e non pasara a corresponddente Inspeción técnica de vehículos polo que foi denunciado polos axentes, á espera do que suceda co conductor do mesmo. Os axentes atópanse preocupados por este tema, xa que na última semana denunciaron mais de 4 vehículos que atoparon sen seguro e outros 4 sen ITV. Dende a Policía quérese destacar que a multa por circular sen seguro é de 1500 euros e por non someter o vehículo á itv a contía é de 200 euros.
A noite non foi tranquila ademáis, xa que os Axentes detectaron un positivo por alcoholmemia cun resultado de 0,50 mg/l da conductora dun vehículo con residencia en Burela, polo que foi denunciada polos axentes cunha multa de 500 euros e 4 puntos do permiso de conducir e ó comezo desta, tiveron que asistir a un acidente con unha ferida A.F.C. de 41 anos de edad na interseción das rúas Curros Enríquez e Leandro Cucurni, na que a acompañante dun dos vehículos tivo que ser trasladada en ambulancia ó Hospital da Costa por ter molestias cervicais, realizase proba de detección alcohólica os conductores dos vehículos implicados, arroxando unha tasa de 0.0 e 0.12, non sendo sancionados por non superar o maximo establecido. Os axentes están a realizar o preceptivo Atestado.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



