Ribadeo, 15 de febreiro de 2018. A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza en Ribadeo con representantes das asociacións locais de mulleres rurais e de amas de casa para falar das axudas da administración autonómica para estes colectivos, entre outros asuntos. Na reunión participaron tamén o deputado autonómico ribadense Daniel Vega e os concelleiros populares Jesús López Penabad, Juan Estévez e Rosina Tosar.
O presidente do Partido Popular López Penabad explicou: “estivemos acompañados de Susana López Abella, secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e reunímonos con representantes de dúas asociacións: coa presidenta de Amas de Casa de Ribadeo e con tres directivas de Mulleres Rurais de Ribadeo. Seguimos na liña de xuntarnos e de escoitar a todos os colectivos que queiran para, sobre todo, saber as inquedanzas e reivindicacións que nos poidan transmitir. Neste caso foi con dous grupos de mulleres e o que pretendemos, tanto desde a administración autonómica como nosoutros localmente, é poñer en valor este tipo de asociacións que nos parecen moi importantes. Son colectivos de mulleres que, tanto no ámbito rural como no casco urbano de Ribadeo, están levando a cabo numerosas accións, tanto formativas como lúdicas. Parécenos moi interesante e a secretaria xeral Susana López Abella explicoulles o tipo de axudas que poden recibir, prazos e demais, á vez que escoitou as súas demandas; foi un encontro moi agradable”.
Jesús López Penabad subliña que “hai accesibilidade total tanto da administración como, por suposto, pola nosa parte, desde o nivel local, para estar en contacto con todos aqueles que queiran”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



