Burela, 9 de febreiro de 2018. A selección galega de fútbol sala sub17 realizou unha visita ao colexio Virxe do Carme de Burela aproveitando a súa estancia na localidade con motivo da celebración do Campionato de España que se desenvolve estes días na Mariña. Xogadoras e corpo técnico desprazáronse despois ata o barco museo Reina do Carme. O concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, subliña a promoción realizada dos recursos turísticos de Burela.
O edil socialista explicou que “aproveitando o Campionato de España sub 17, que se está a celebrar estes días na Mariña, coa súa sede principal aquí en Burela, a selección galega fixo unha visita ao colexio Virxe do Carme de Burela, onde estiveron compartindo un tempo co alumnado deste centro. Houbo tamén unha firma de autógrafos e rematamos cunha foto de familia todos xunt@s”.
Fernández Rey engadiu que “tamén aproveitaron a súa estancia en Burela para facer unha visita ao barco-museo Reina del Carmen”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “quixemos aproveitar esta ocasión para dar a coñecer os nosos recursos turísticos. Queremos agradecer á Federación Galega de Fútbol Sala que tivera a deferencia de atender ás nosas peticións, e estamos moi contentos de ter acollido á selección galega en Burela”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
