Lugo, 9 de febreiro de 2018. A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Servizos Sociais de Burela, Patricia Otero Rodríguez, mantiveron un encontro con representantes da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer e Outras Enfermidades Neurodexenerativas (AFAN) para coñecer o resultado e grao de satisfacción das colaboracións que Gobernos Provincial e Municipal manteñen con este colectivo. Estas permiten contar cunhas instalacións públicas nas que ofrecer atención profesional de luns a venres a unha decena de veciños da Mariña con dita enfermidade.
Ditas instalacións son municipais e o Concello tenas cedidas gratuitamente a AFAN Burela para situar nas mesmas a chamada Unidade de Respiro Familiar. As colaboracións de Deputación e Concello tamén son económicas, superando os 5.000 euros. Estas permiten a contratación de dous profesionais para a atención dos usuarios e o desenvolvemento de actividades de estimulación cognitiva e física.
Todo isto fai posible que 10 veciños de Burela, O Valadouro e Foz acudan de luns a venres á Unidade de Respiro Familiar de AFAN onde reciben atención profesional e realizan exercicios de memoria, como aprendizaxe de regras mnemotécnicas, exercicios de atención visuais e auditivos, como sudokus ou labirintos; actividades de cálculo mental; orientación espacial e temporal; de linguaxe, con xogos de palabras e exercicios de narración, entre outras actividades.
Colaboración con todos os colectivos de Alzheimer da provincia
O Goberno da Deputación colabora con todas as asociacións da provincia que prestan atención profesional diaria a lucenses con Alzheimer, así como ás súas familias, con máis de 50.000 euros, que permiten aos seguintes 5 colectivos ofrecer este servizo: AFA-Chantada, AFA-Monforte, AFA-LU, AFA-Viveiro e AFAN Burela.
López Izquierdo destacou que “aínda que non temos as competencias nesta materia, dende este Goberno, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e sumamente social, colaboramos con todos os colectivos da provincia implicados na atención profesional de persoas con Alzheimer porque consideramos que é necesario axudar e mellorar a calidade de vida dos máis de 10.000 lucenses que sofren esta doenza e ás súas familias, que en moitas ocasións son as grandes desamparadas”.
AFAN Burela
A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e Outras enfermidades neurodexenerativas é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como principal finalidade o tratamento do Alzheimer e Outras enfermidades neurodexenerativas, así como proporcionar información e orientación sobre esta doenza tanto a familiares, como á poboación en xeral. O colectivo conta cunha Unidade de Respiro Familiar en Burela, posta en marcha no ano 2015, atendendo a través de profesionais especializados a 9 usuarios. Ofrece obradoiros de estimulación cognitiva, de apoio ás actividades básicas da vida diaria, programas de acollida e atención psicolóxica para os familiares, impartidos pola psicóloga e a coidadora de AFAN Burela.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



