Mondoñedo, 7 de febreiro de 2018.- O Pazo de Santo Tomé de Mondoñedo (antigo centro comarcal) acollerá mañá xoves, ás oito da tarde, unha charla informativa sobre as axudas da Xunta á rehabilitación de vivendas
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro convidou a todos os que poidan estar interesados en facer obras nas súas vivendas a asistir ao evento, de acceso libre e gratuíto, e ao que poden sumarse desde propietarios de vivendas ou edificios, a empresas de rehabilitación, técnicos urbanísticos ou arquitectos.
En particular, a xornada centrarase sobre a nova liña de subvencións para as vivendas emprazas nos Camiños de Santiago. Pero tamén abordarán outros apoios promovidos pola Xunta para vivendas particulares e edificios que necesiten reformas.
Os apoios da Xunta para vivendas no camiño de Santiago consisten nunha axudas de ata 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán cubrir ata o 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite máximo do 10 por cento do orzamento. Para este fin o Goberno galego reserva 2,9 millóns de euros.
No caso da Mariña lucense, os concellos beneficiarios son aqueles polos que transcorre o camiño do Norte, en concreto, as parroquias xacobeas de Ribadeo, Trabada, Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo. A xornada, en consecuencia, ten carácter comarcal e a ela están convidados as persoas interesadas de todos estes municipios.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



