Foz, 23 de febreiro de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo unha valoración do pleno da corporación municipal celebrado este xoves e salienta que na sesión quedou en evidencia a política urbanística do PSOE cando gobernou no Concello. O rexedor focense subliña que o actual equipo de goberno municipal logrou aprobar provisionalmente un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co apoio de 11 dos 13 concelleiros da corporación.
Javier Castiñeira manifesta que “a valoración do pleno de onte é verdadeiramente boa. Simplemente quero dicirlle ao Partido Socialista que levar tres asuntos de urbanismo paréceme un pouco valente, sobre todo o Partido Socialista de Foz, que estivo gobernando durante dezaseis anos no noso Concello e non foi quen nin de avanzar no Plan Xeral. Despois de 16 anos deixaron un documento urbanístico absolutamente obsoleto, un montón de denuncias e un contencioso que lle custou ao Concello 60.000 euros, simplemente na súa defensa, máis os case 700.000 euros que leva pagado por devolucións de licencias. Deixaron tamén multitude de licencias e edificios que hoxe en día son un impedimento para desenvolver o propio Plan Xeral porque están dentro de zonas que ían establecidas para equipamentos ou serían necesarios”.
Para o alcalde de Foz “quedou totalmente en evidencia a política urbanística do Partido Socialista, pero o que nos chama a atención, tanto a nosoutros como ao BNG, é que sexa o propio Partido Socialista o que veña dar leccións ao pleno e traia tres mocións de urbanismo. Supoño que será porque o señor Candia se sinte cómodo falando deste asunto; o señor Candia, que exerce de portavoz neste ámbito, debe de ter gañas de falar pero eu creo que quedaron en total ridículo. Non foron capaces de argumentar ningunha circunstancia e simplemente o que fixemos os demais foi recordarlle a nefasta política urbanística do Concello de Foz durante o goberno socialista. É algo que non só o di o Partido Popular e o BNG senón que tamén o dixo no seu momento, coa denuncia que houbo a todo o que foi esa política urbanística, o goberno da Xunta de Galicia, naquel momento do Partido Socialista, da señora Caride, que era conselleira naquel momento, e tamén do señor Lueje, que era director xeral de Urbanismo. Polo tanto leccións de urbanismo, señor Candia, moi poucas. Deberían estar moito máis caladiños neste asunto”.
Ademais Castiñeira fai fincapé en que “por suposto que o actual goberno municipal de Foz está pendente do Plan Xeral, de sacar adiante o antes posible o problema que temos agora mesmo con Augas de Galicia e de tratar de ter un Plan Xeral que, por certo, conta co apoio de 11 dos 13 concelleiros, algo que os socialistas tampouco conseguiron nunca”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



