Burela, 1 de febreiro de 2018. A Concellería de Medio Ambiente xunto co Centro Veterinario A Marosa organizou onte, día 31 de xaneiro, unha actividade cos alumnos de 6º de Primaria do CEIP Vista Alegre.
Nesta xornada os rapaces e rapazas puideron aprender os coidados que precisa un can e a responsabilidade que implica.
A concelleira de Medio Ambiente en Burela, Noelia María Ben, explicou que “os participantes tamén foron informados de cómo debemos actuar ante un can que non coñecemos, as numerosas habilidades que teñen e como poden facernos a vida máis sinxela, ademais de cómo se poden adestrar para detectar certas enfermidades ou substancias”.
A edil engadiu que “Táchira, adestradora canina, e o seu precioso labrador Blues, foron os encargados de impartir esta actividade que sen dúbida foi moi interesante”.
Noelia Mª Ben quixo “aproveitar esta ocasión para recordar que é obriga dos donos recoller os seus excrementos das rúas, non só por razóns estéticas senón tamén para evitar enfermidades e contaminación”.
