Mondoñedo, 8 de febreiro do 2018. Tras o desprendemento do noiro que se produciu na tarde de onte na LU: 124 ao seu pola parroquia do Carme, e que obrigou a cortar a estrada para realizar os traballos de limpeza da calzada, os nacionalistas ven con preocupación que estes problemas sexan unha constante cada vez que haxa un temporal de chuvia como o que nos está afectando estes días.
O portavoz nacionalista no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas, declara que o BNG xa ven alertando en varias ocasións da mala calidade da construción do tramo da LU: 124 comprendido entre Mondoñedo e Lindín. “Taludes en vertical e co recheo da ampliación do firme con materiais de pésima calidade que, segundo os técnicos consultados cando estabamos no goberno, non compactará e durará pouco”.
-QUE SE INSPECCIONE A ESTABILIDADE DOS TALUDES DE DESMONTE-
O suceso afortunadamente non provocou danos humanos nin materiais xa que nese momento non circulaba ningún coche polo lugar e, ante o risco de que se produzan novos desprendementos, os nacionalistas urxen ao concello de Mondoñedo para que inste á Xunta de Galicia para que inspeccione a zona de forma inmediata e comprobe a estabilidade dos taludes comprendidos entre Mondoñedo e Lindín e se analicen as medidas a adoptar para evitar novos escorregamentos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



