Lugo, 5 de febreiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández Fernández, presentaron este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a XXVIII edición da Festa Androlla que se celebra o vindeiro 11 de febreiro na Praza do Concello desta localidade. O Goberno da Deputación é a principal administración patrocinadora desta cita cunha achega de 3.000 euros dirixidos a financiar parte dos custos desta cita gastronómica. No acto, participou a produtora María del Carmen Sánchez Iravedra.
Campos Conde explicou que “a través das colaboracións con este tipo de citas buscamos dinamizar turisticamente os Concellos da provincia, aproveitando os recursos gastronómicos dos que dispomos. Por iso, dende o Goberno da Deputación
máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas nos Concellos da provincia de Lugo, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios na organización deste tipo de eventos. Deste xeito, promovemos os produtos autóctonos e de calidade, ao tempo que se dinamiza a economía local”.
“É unha oportunidade única para incentivar a economía do municipio pois ademais de ofrecer de xeito totalmente gratuíto máis de 200 kg deste manxar, comercializaranse uns 2.000 quilos de Androlla nos 30 stands que participan na festa, que suporá un volume de negocio superior aos 10.000 euros”, apuntou Campos Conde.
Fernández Fernández agradeceu a colaboración provincial coa Festa da Androlla e convidou a todos os visitantes a achegarse este domingo a Navia de Suarna para desfrutar desta cita gastronómica e descubrir ademais os recursos patrimoniais e naturais do Concello”.
Programación da Festa
A XXVIII Festa da Androlla celebrase o 11 de febreiro na Praza da vila en Navia de Suarna. A cita gastronómica comeza ás 10:00 con pasarruas e gaitas, a partir de esa mesma hora comezará a proba de habilidade no circuítos de Grandela, coa celebración da II Ruta da Androlla 4×4. A partir das 10:30 horas ábrense os 30 stands da festa, e a partir das 13:00 horas comeza a degustación deste produto típico. As 15:00 horas celebrase o xantar oficial, e ás 18:00 horas, clausurase esta cita con actuacións musicais pola rúas da vila.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



