Lugo, 07 de febreiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este mércores na presentación do libro Gorca Rete, da autora Monse Fernández Álvarez, que tivo lugar no Concello da Pontenova por tratarse dunha publicación que pon en valor o rural de dito municipio pois a historia desenvólvese nos núcleos rurais de Bogo, Vilarxubín e Sampaio. A publicación, que conta cunha axuda da Deputación de 1.500 euros, posúe no mesmo exemplar unha versión en galego e outra en castelán; así como un CD narrativo con ambas versións. Trátase tamén dunha publicación participativa pois a autora convidou a nenos que tiveran vínculos coas localidades á colaborar nas ilustracións dos libro.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos coa promoción e divulgación dos espazos rurais da nosa provincia, dentro da aposta da Deputación pola defensa e impulso do rural. A publicación Gorca Rete é unha novela de ficción que promove o valor social e patrimonial das vilas Bogo, Vilarxubín e Sampaio, así como das súas xentes pois a obra conta coa aparición de veciños do lugar coñecidos pola escritora”.
Sinopse de Gorca Rete
A novela infantil trata da vida do fotógrafo Gorca Rete, que tras intentar fotografar en Bogo a unha corza dando a luz, tropeza e sufre un accidente, no que falece e se converte en trasno.
É entón cando o fotógrafo comeza a narrar a historia sobre a maxia nos bosques situados no “Triángulo dos Trasnos”, que conforman as aldeas que rodean o río Reigosa: Bogo, Sampaio e Vilarxubín, nesta última é onde o fotógrafo trasno remata a súa viaxe colocado nun pedestal, converténdose nunha estatua para reivindicar o valor do rural, e promover a conservación das vilas.
Ao longo da viaxe, Gorca retrata a actividade social neste triángulo máxico con personaxes como o dono da taberna, Daniel do Pérez, as lavandeiras do Ponte de Paradela, ou gaiteiro Poldo, de Vilaeimil.
Monse Fernández Álvarez
Monse Fernández Álvarez (Ourense), viviu a súa infancia en Calatayud. Iniciou os seus estudos universitarios en Zaragoza, que rematou na USC, pasando por unha estancia en Tromsø (Noruega). Dende 2008 a escritora asentouse en A Pontenova xunto a súa familia, onde rexentan a Casa do Fidalgo, situada na parroquia de Bogo. Como a súa familia é descendente do fidalgo, decidiron habilitar o pazo, que levaba abandonado dende 1937, para acondicionalo como unha casa de turismo rural. A parte de dedicarse á escritura e á hostaleira, a autora tamén canta, toca o piano, o acordeón e a gaita.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



