Galicia, 21 de febreiro de 2018. Aquela xente que axudou a construír a Galicia actual é sistematicamente esquecida polo goberno do PP na Xunta. Por desgraza para a nosa sociedade cada semana temos titulares de prensa que sinalan que maiores morren en soidade no seu domicilio, incluso pasando moitos días sen seren descubertos, diante de esta realidade o Presidente Feijoo non fai nada, nin sequera a nomea.
O 25% da poboación galega é do colectivo de maiores, sendo Lugo e Ourense parte da dez rexións máis avellentadas da Unión Europea. Compromiso considera esta situación como un problema social de primeira magnitude que por desgraza para Galicia ningún grupo político leva de forma efectiva ó Parlamento. É po iso que CxG vai presentar unha proposta no Parlamento Galego concreta para que esta situación entre na axenda política galega, que consiste en:
·Elaboración dun censo, con domicilios e contacto, dos maiores que viven sos en Galicia.
·En colaboración co Sergas, elaboración dun censo de maiores doentes en resgo grave.
·Sistema de control das citas periódicas do Sergas non efectuadas para un seguimento do motivo.
·Implantación dun sistema de códigos QR para persoas maiores en resgo de perda por enfermidade, de xeito que unha aplicación móbil pública recolla os datos de estas persoas e poda poñer en marcha os mecanismos de seguridade.
·A Xunta ten que instalar detectores de incendios de forma gratuíta nos fogares de maiores sos, especialmente no rural.
·Creación dun protocolo de visitas de servizos sociais, que non invada a privacidade.
·Xuntos cos colexios profesionais implicados, creación dunha mesa de dialogo social, que debata posturas e medidas concretas neste campo.
“A actual situación de moitos dos nosos maiores, en soidade e sen respaldo da administración, non se pode permitir. Un Presidente incapaz de garantir a calidade de vida da xente que fixo Galicia, non é digno, aínda que intente non falar do tema. Por iso levaremos isto ao Parlamento, como levamos a necesidade de pediatras no rural” declarou o noso Secretario Xeral, Piñeiro Docampo




















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



