BURELA, 19 de febreiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular do concello de Burela demándalle ao alcalde que, “como máximo responsable” da Policía Municipal”, adopte as medidas oportunas para que, en función do disposto na Lei de Seguridade Vial, os membros do corpo regulen o tráfico e o estacionamento naquelas zonas dos aparcadoiros próximas ao Hospital da Costa que non están suxeitas a control por parte do propio centro sanitario.
Os populares indican que “a situación que se está a vivir é preocupante, xa que á densidade habitual de vehículos, hai que sumar as obras de ampliación do centro hospitalario. Polo tanto, o alcalde debería de dar un paso á frente e ordearlle á Policía Local que, de cando en vez, se acerque polo contorno do Hospital para poñer algo de orde”.
Dende o Grupo Municipal aseguran que, “sabendo que o socialista está moi reivindicativo e pancartero, non sorprendería que non faga nada; algo, por outra banda, habitual nel, para xerar confusión entre os usuarios do centro sanitario; o que sen dúbida sería unha enorme e grave irresponsabilidade, pero que coñecendo a personaxe non sería raro”.
Os edís do PP consideran que a Policía Local de Burela conta con axentes que saben perfectamente cómo levar a cabo este tipo de actuacións, para evitar aglomeracións e problemas de tráfico e estacionamento, e que só precisan que a autoridade política, o alcalde, dea as ordes oportunas. A este respecto, puntualizan que non se trata de multar “a diestro e siniestro, senón que se trata de ordear o tráfico, excluíndo deste sistema as zonas do Hospital como a de carga e descarga para proveedores que xa está vaiada.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



