O menú consiste en sopa ou caldo e cocido con cacheira, costela, soá, chourizo, panceta, lacón, orella, rabo, mans de porco e butelo, garabanzos, patacas e grelos. De sobremesa filloas recheas, e viño tinto. O prezo son 20 euros por persoa. Reservas no 982 129 608. Ademais A Dorada do Cantábrico prepara un menú especial San Valentín, que poderá degustarse do 14 ao 18 de febreiro con paté de centolo, lagostinos, zarzuela de rape, solombo de tenreira con verduras e patacas panadeira, e un postre especial San Valentín. Viños rioja e albariño, cafés e licores. O prezo deste menú é de 70€ parella
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



