Un que tivo que usar gasfas dende os 12 anos chegou a conclusión de que algo deben de ter as lentes. Poderes extraordinarios para unhos que os utilizan mal, talvez. Permitenlles defender unha cousa coma se a vida fóra niso e exactamente a contraria coa mesma tenacidade, cando cambian as circunstancias. Quizá con semellantes lentes ven vir os ventos á vez que os olfatean. Con lentes probablemente transfórmanse, á kafkiana xeito, nun insecto ou, máis ben, nun tentetieso. Xa saben, eses monecos que se bambolean ao mínimo golpe cando por pés teñen unha boliña. Máxica probablemente. Tan máxica que aos posuidores de tales lentes dálles o mesmo abrazar o marxismo que atacar o marxismo, estar en contra da OTAN e a favor da OTAN un minuto despois. Manifestar que son de esquerdas e actuar como que non o son. Pois nada. Que esta clase de xentiña do carallo, algúns as levan postas sobre o nariz e outros no peto da chaqueta, xunto á chequeira, as trxetas de crédito e os cartos mouros….moi mouros.
Pero outros , como o que lles escribe o ter lentes fai que o vento do nordes nos despeine as concencias, viaxe de regreso con rumbo certo e déixanos unha pequena brisa que gardamos no peto, como un antídoto para momentos difíciles, ou viaxes a sitios donde non teñen mar. O vento Nordes produce vértigo e navega na voces e pinta as nubes e riza as olas.
E ás veces abrázanos. Ás veces un non quere poñerse espello, cristal translúcido, muro de formigón, plancha de follalata, barreira de aduana, parede de ladrillo. Tampouco quere ser dente de tigre, lume de dragón, púa de erizo. Esquece a necesidade do camuflaxe, quedarse quedo, facerse o morto. Fuxirse, abandoarse, saír pola tanxente, escapar do faiado da burbulla.
E entón comparte un café, viaxa polas Terras Altas sen moverse da beira do mar, contribúe á expansión das calidades do apio nos cocidos do Antroido ou admirased da capacidade viaxeira do chourizo do Valadouro.
E si hai sorte, aguanta a respiración polo home do trapecio e estremécese á porta dunha igrexa romanica de terra adentro. Que maxico e fermoso ter lentes, pois ademais de facerme mais guapo faime ver o mundo mais ledo.
