Tras o esgotamento da primeira edición da novela, o lanzamento da segunda edición d’A raíña das velutinas terá lugar no municipio de residencia do autor; polo cal, o vindeiro venres día 2 ás 21:00 h., o público lector poderá adquirir os novos exemplares nun acto que terá lugar no Centro Social de Alfoz.
No acto, Lionel Rexes contará coa colaboración de Pepe Peinó (escritor, actor, cineasta, mestre, presidente do SEVA…) e Bernardo Penabade (ensaísta, activista cultural e profesor de galego no IES O Perdouro); este último é autor dunha Unidade Didáctica sobre A raíña das velutinas; traballo que tamén será presentado no mesmo acto. Participará tamén Xabier Pardiñas, responsábel da área municipal de Cultura de Alfoz.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



