O Centro de información ás mulleres do Concello de Viveiro INFORMA: Que saiu publicada a Orde pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos. As persoas que desexen tramitar dita axuda poden facelo nas oficinas do CIM (Avda. Cervantes s/n – Claustros San Francisco) ata o 21 de marzo de 2018, en horario 10:00 horas a 14:00 horas. BENEFICIARIAS : Persoas con fillos/as nacidos entre o 02-01-2015 e 01-01-2018. Non ter presentada Declaración da Renda 2016. Para maior información acudir ao Centro de Información ás Mulleres ou chamar aos números de teléfono 982 55 04 21 – 982 56 21 49
Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos do CIM de Viveiro
- Seguinte
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu a celebración do Festival de Entroido Infantil e Xuvenil. Houbo baile, música, desfile, maxia e agasallos para todos os participantes, ademáis de premios para os mellores disfraces. Os cabezudos non quixeron perder esta cita e estiveron acompañando e animando aos asistentes