Mondoñedo, 8 de febreiro de 2018.- A Delegación territorial da Xunta en Lugo organizou esta tarde en Mondoñedo unha xornada informativa sobre axudas para a rehabilitación de vivendas na que técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda explicaron as distintas liñas postas en marcha polo goberno galego neste ámbito.
A xornada centrouse moi especialmente nos apoios previstos no marco da área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, de recente convocatoria, e para cuxas axudas o Goberno galego reserva máis de 2,8 millóns de euros, segundo lembrou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
Así, as comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas nas parroquias polas que discorre a ruta xacobea do Camiño do Norte poderán acceder a axudas a fondo perdido de ata 15.000 euros.
En concreto, o importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán poderán cubrir ata o 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite máximo do 10 por cento do orzamento.
As persoas interesadas en acceder a estas axudas poderán solicitalas dende mañá e ata o 31 de outubro de 2018, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario.
As obras de rehabilitación deberán estar rematadas e calificadas definitivamente antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das axudas (31 de outubro). As que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse das axudas en posteriores convocatorias das mesmas, xa que na Ari dos Camiños de Santiago o prazo para a solicitar a calificación provisional (antes da finalización das obras) e a calificación definitiva (unha vez rematadas as obras) está aberto permanentemente.
Camiño do Norte
A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago foi o 17 de decembro de 2010, en acordo da Comisión Bilateral de Vivenda Xunta-Ministerio de Fomento. En concreto, na Mariña os concellos beneficiarios son aqueles polos que discorre a ruta xacobea do Camiño do Norte, isto é Ribadeo (Arante, Cedofeita, Covelas, Ove, Santa María de Ribadeo, Vilaselán), Trabada (A Ría de Abres, Sante, Santa María de Trabada e Valboa), Barreiros (Cabarcos, San Xusto, Vilamartín pequeno), Lourenzá (Santa María, San Xurxo, Santo Adriano) e Mondoñedo (Lindín, O Carme, Os Remedios, San Vicente de Trigás, Santiago de Mondoñedo, Sasdónigas e Vilamor)
Préstamos cualificados
Pero a Xunta de Galicia tamén ten en marcha outras axudas, con independencia do lugar no que estea emprazada a vivenda ou edificio, por exemplo, destina case 3 millóns de euros a subvencionar os xuros de préstamos para financiar obras de rehabilitación de vivendas.
Trátase dunha medida pioneira articulada a través dos convenios asinados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda con Abanca, Caixabank, Caixa Rural Galega e Banco Sabadell. O importe máximo do préstamo é de 30.000 euros para aqueles de carácter persoal e de 60.000 euros no caso de préstamos hipotecarios
A subsidiación, en función da renda dos beneficiarios, pode chegar ata o 100% dos xuros durante un máximo de 4 anos, mentres que as familias con máis ingresos terán facilidades para acceder ao créditos. O prazo de solicitude esta aberto e prolóngase ata o 15 de outubro, salvo que se esgote antes a dotación presupostaria
Outras liñas de axudas para rehabilitación de vivendas son as destinadas para as áreas de rehabilitación integral (no caso da Mariña hai oficinas informativas e tramitadoras nos concellos de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo e Lourenzá), os apoios ao concellos galegos para rehabilitar antigas casas de mestres e outros oficios e a convocatoria de subvencións directas en caso de infravivenda.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



