Lugo, 2 de febreiro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o Secretario de Sanidade da Executiva Provincial Socialista, Miguel Fernández Méndez, o Vicesecretario Xeral e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e a Coordinadora coa Comarca da Mariña e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, mantiveron estes venres unha reunión de traballo con representantes das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e de Monforte de Lemos, no que trataron o anteproxecto de modificación da Lei de Saúde Pública que impón o Partido Popular dende a Xunta de Galicia.
Este foi o 1º encontro entre ambas as dúas plataformas, que promoveron os socialistas porque, explicou o Santos Ramos, “cremos que é preciso sumar esforzos para visibilizar e concienciar que o anteproxecto de modificación da Lei de Saúde que nos impón o Partido Popular non é un problema dun só territorio, da Mariña ou de Lemos, senón un problema de toda a provincia, que, precisamente, onde menos visible é, na zona de Lugo, nos Concellos que pertencen á área sanitaria lucense e cuxo hospital de referencia é o HULA, vai a ser a máis afectada, onde máis recursos se retraían”. Fernández Méndez engadiu que “cando un especialista ou un médico de Lugo se teña que trasladar aos hospitais comarcais, que cada día teñen menos e menos recursos imprescindibles, non poderán atender aos de Lugo. Incrementaranse as listas de espera, que, en moitos casos xa son de 1 ano pola falta de recursos sanitarios”
“Este anteproxecto supón a desaparición das tres áreas sanitarias: Mariña, Lemos e Lugo, valentía que o PP demostra ter na provincia de Lugo, pero non na Coruña ou Pontevedra. O Partido Popular experimenta na nosa provincia, cos lucenses, co obxectivo de implantar o mesmo modelo sanitario que levou a Madrid, que é o da privatización dos servizos sanitarios, deixando, pouco a pouco, sen recursos a nosa sanidade pública”, engadiu Tomé Roca.
Os socialistas e os representantes das dúas plataformas destacaron a necesidade de “acudir en masa dende todos os puntos de Lugo, veciños de todos os Concellos, á manifestación do domingo en Santiago para defender a nosa sanidade pública e esixir a retirada deste anteproxectos. Cantos máis sexamos mellora. É a única maneira de dicir que os lucenses estamos aquí, xuntos. A única forma de paralos e saíndo a rúa”.
A realidade segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Monforte
A voceira da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Monforte de Lemos, Francisca Vázquez Macía, destacou que “dixéronnos que este anteproxecto era un mero tramite administrativo. Xa con anterioridade a este anteproxecto, coa Estrutura de Xestión Integrada, o PP nos vendeu que se ían a achegar os recursos aos pacientes, que ían a desprazar os especialistas as áreas comarcais. A nós xa nos levan demostrado que iso é totalmente mentira. Levamos un ano coa falla dun especialista dixestivo, que non se cubriu, que ía a vir de Lugo. Mentira. Agora temos outra falta de especialista, que é un cardiólogo, que novamente non se cubre. Se este proxecto de Lei sae adiante vai a ser totalmente lesivo para os hospitais comarcais, para as tres áreas sanitarias, para todos os veciños da provincia. Na Comarca de Lemos, temos unha poboación moi envellecida, que lles resulta nefasto ter que desprazarse a Lugo pola falla de recursos que teñen, con pensións moi baixas, porque non teñen transporte publico, suprimírono, ou polas dificultades persoas e físicas”.
“No Hospital de Monforte temos un grande déficit de persoal, falta a nivel de enfermería, auxiliares, celadores… non están potenciando, como nos venderon, que ían a blindar os hospitais comarcais. Non é certo, porque o que esta habendo é un grande déficit de persoal de 27 sanitarios, aos que hai que sumar a falla de administrativos, facultativos….”
“Toda esta campaña que saíu de listas de espera nos hospitais é falsa. Din que Monforte de Lemos é o mellor hospital de Galicia. Mentira. Son listas de espera maquilladas. Son axendas pechadas. Os paciente van a pedir cita e dinlles que a axenda pechada, que xa os chamarán e pasan os meses. Por iso non figuran nas listas. Hai listas de espera en dermatoloxía de 1 ano, de TAC e resonancia de 6 meses. Incluso pacientes de oncoloxía que van a consulta e non teñen os TAC feitos. En Lemos, os paciente de cirurxía dixestiva xa se están traslando a capital. Claro, así lles sen unhas listas de espera fantásticas, aínda que teñamos unha plantilla con 6 ciruxanos”
“É necesario que a xente saiba que se nos unen aso pacientes das 3 áreas sanitarias, as listas de espera van a ser aínda peor, moitísimo máis altas. Este anteproxecto é lesivo para a sanidade pública. Hoxe un paciente de Monforte vai a contar publicamente a súa historia. Non lle deron cita para un dixestivo na sanidade pública, gardou e gardou. A través dun familiar, decidiu acudir a Povisa, en Vigo. Fixéronlle unha endoscopia e hoxe está recibindo quimioterapia. Quero animar a todos os cidadáns que defendan a súa sanidade pública, que este anteproxecto nos afecta a todos e estamos realmente en perigo”.
A realidade segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña
En representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, Arantxa Incera, explicou que “na Mariña temos un hándicap, que son as obras do hospital. O que están facendo é simplemente aumentar o tamaño das consultas, ao mesmo tempo que están eliminando os servizos. Por exemplo, trouxeron os historiais médicos para Lugo e non están telematicamente, o que nós supón máis e máis retrasos e ata anulación de consultas. Dixéronnos que non podiamos contar con este servizo porque non había espazo. Agora teremos espazo pero non o servizo. O persoal sanitario estase deixando a pel. Por exemplo, só temos unha única enfermeira para 30 pacientes. Cando a xente se atopa sen solucións, poñen reclamacións. Dende o 1 de xaneiro deste ano hai 274 reclamacións postas, falamos das rexistradas. Na Mariña estase facendo unha grande labor dende hai moito tempo. Conseguimos unha implicación da poboación. O único xeito de paralos e saíndo a rúa. A saúde para o PP é un nicho de negocio, para amigos e os seus sectores. Están xogando coa saúde. Temos 9 autobuses confirmados, superando as 500 persoas, así como as persoas que se despracen nos seus vehículos, para a manifestación do domingo en Santiago. Cantos máis sexamos mellor, é a única maneira de dicir que aquí estamos”















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



