Un mércores 31 de xaneiro de 2018, un día máis para os centos de miles de millóns que ser erguen cada mañá á mesma hora.
Os prazos, as obrigas e a periodicidade van enchendo as follas en branco das nosas historias vitais. A rutina é un rolo inclemente que nos illa dos demais, que nos converte en autómatas.
Ven esta pequena presentación a simbolizar a nosa actualidade e información; en termos de atención mediática, as mensaxes do president Puigdemont ou o seguimento permanente de José Enrique Abuín “O Chicle”, seguen a ser alimento para as maiorías.
Pero, en clave de novas relacionadas coa xustiza, o pasado mércores 31 de xaneiro será, con ou sen atención pola nosa parte, un día significado. Un momento transcendente no estado e na comunidade internacional. ¿A que me refiro exactamente?
Vostede, ¡si, vostede!, consumidor, ten que saber que, tal día como este mércores, a Sala do Civil do Tribunal Supremo debe unificar criterio a propósito de quen ten a obriga pagar o imposto de Actos Xurídicos Documentados vinculado ás hipotecas.
Igual, se non asinou un préstamo hipotecario, pode pensar que esta película non lle afecta.
Nada máis lonxe da realidade, o que se está a dilucidar é a devolución por parte da banca de 18.300 millóns de euros a consumidores, o triplo da estimación das cláusulas de chan.
Dun xeito ou doutro, saia o pronunciamento en favor dos consumidores ou da banca, todo isto rematará salpicando. Así que, ollo avizor, cumpre atención polo moito que está en xogo.
Do mesmo xeito, lonxe dos focos e das portadas, os acontecementos están a precipitarse en Israel con respecto a Ahed Tamini.
Tamini é unha activista palestina de 16 anos que foi detida o 19 de decembro cando encabezaba unha manifestación en contra da decisión do presidente Trump de recoñecer Xerusalén como capitalidade de Israel.
Ese mesmo día o seu primo de 15 anos, Mohammad Tamini, foi alcanzado por unha bala de goma disparada a curta distancia por un soldado israelí, tendo que ser operado de urxencia e perdendo a parte esquerda do cráneo.
Logo, a imaxe de Ahed Tamini insultando e golpeando aos soldados, espallouse polas TV´s e polas redes.
A rapaza ten sobre si doce cargos, podendo ser condenada ata 14 anos de prisión.
Por iso, tal día coma onte, un mércores 31 de xaneiro, foi imprescindible levantar a vista e mirar para os lados. Pola mesma razón, o pasado mércores, case sen darnos conta, foi un día significado no que as cousas poden cambiar de rumbo, mentres a maioría estabamos absortos pola rutina.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



