Lugo, 28 de marzo de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e a Presidenta da Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz (APAVA), Lucía López Tallón, asinaron este mércores o convenio de colaboración entre o Executivo Provincial, o Goberno Municipal e dito colectivo para a construción dun novo refuxio de animais abandonados no Concello do Valadouro. Nestas novas instalacións a Protectora de Animais atenderá a animais abandonados que procedan dos municipios de Alfoz, Muras, O Valadouro e Lourenzá, así como do resto de municipios da Comarca da Mariña que estean interesados neste servizo e asinen un convenio de colaboración co Concello do Valadouro.
Son 85.000 euros os que o Goberno da Deputación decidiu destinar ao financiamento da totalidade das obras de dotación deste servizo, moi demandado en toda a Mariña, que poderá dar acubillo, mantemento, coidado e atención profesional integral a un total de 30 animais abandonados que así o precisen. Pola súa parte, o Concello do Valadouro comprométese á tramitación con celeridade das licenzas e autorizacións que sexan da súa competencia, así como ampliar este servizo aos municipios da Comarca que queiran adherirse. A Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz cede os terreos onde se situarán as novas instalacións do refuxio, en Vilaestremil.
Campos Conde destacou que “con este novo investimento do Goberno da Deputación damos resposta as demandas e necesidades que teñen hoxe en día a maioría dos Concellos da Mariña e que precisan deste servizo comarcal. Quero poñer en valor o grande labor que realizan este tipo de colectivos, como APAVA, na nosa provincia, atendendo, protexendo e coidando aos animais abandonados, e desenvolvendo un traballo de sensibilización e visibilizacion na nosa cidadanía, que é fundamental, para que o número de mascotas sen fogar diminúa.”
Maseda Maseda agradeceu a colaboración do Executivo Provincial e subliñou que “esta nova infraestrutura permitiranos ofrecer un servizo que os veciños do Concello do Valadouro, e doutros municipios limítrofes e pequenos, reclamaban como unha prioridade. Estou seguro que traballaremos da man coa Protectora de Animais Valadouro-Alfoz para poder atender a maioría de cans e gatos que así o necesiten e poder atallar un problema que vivimos todos os días”.
López Tallón aproveitou a ocasión para lembrar que “é fundamental concienciar á sociedade sobre a tenza e adopción de animais, e que entre todos, consigamos que o abandono animal sexa un recordo do pasado e que no futuro non fagan falta este tipo de refuxios. Dende a nosa asociación levamos 5 anos traballando no benestar dos animais e con estas novas instalacións poderemos ofrecer un servizo moito máis profesional e individualizado”.
Unha parcela de 2.650 m2
As novas instalacións da canceira, financiadas na súa totalidade polo Executivo Provincial, situaranse en Vilaestremil, nunha parcela de 2.650 m2 propiedade de dito colectivo. As actuacións, que comezarán unha vez estean todos os permisos de obra concedidos, consistirán na construción dunha nave con bloque de formigón armado e unha cuberta metálica, a división dos espazos, a instalación da rede de saneamento e electricidade, así como os traballos de fontanería e carpintería. Ademais, o organismo provincial dotará á canceira dunha ampla zona verde co fin de humanizar moito máis a contorna.
Características da canceira
As novas dependencias da canceira contarán cunha sala de curas, un pequeno departamento para a xestión da actividade do colectivo, un almacén de alimentos e outro de produtos de desinfección e limpeza, 2 salas de corentena, así como 2 departamentos para o illamento de animais enfermos ou feridos, un espazo para animais considerados perigosos, un departamento para gatos e outro para mascotas, unha dependencia para pos partos e outros 6 espazos máis para a atención dos animais.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



