Ribadeo, 24 de marzo de 2018. Aproveitando a chegada da Semana Santa e con ela a de miles de turistas a Ribadeo a Concellaría de Turismo pon en marca o vindeiro xoves, 29 de marzo, unha serie roteiros guiados polo monumento natural da praia das Catedrais, “considerando esta actividade como un reclamo e atractivo turístico máis dentro da nosa oferta de lecer, tratando así, de por en valor o noso patrimonio”, anunciou a edil Ana Martínez.
A concelleira de Turismo engadiu: “é por iso que desde este departamento desexamos incorporar este ano unha nova actividade que redunde na calidade, diversidade e vistosidade do noso patrimonio. Trátase duns 13 roteiros guiados polo monumento natural da praia das Catedrais, a través dos cales se mostrarán os aspectos históricos, culturais, etnográficos, xeográficos, naturais e mitolóxicos relacionados cos lugares polos que se discorre. Estes están pensados para todo tipo de público, incluído o infantil, agora ben no caso de menores de doce anos estes deberán ir acompañados de un adulto durante a actividade”.
Ana Martínez explicou tamén que “o roteiro deseñado transcorrerá dende o comezo do monumento natural da praia de Augas Santas (As Catedrais) ata Rinlo, o que é unha distancia de 9 quilómetros. Levarase a cabo durante o xoves, venres e sábado de Semana Santa e os sábados 5, 12, 19 e 26 de maio e 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 horas. A estas xornadas sumaráselles un día de ruta cos empresarios do sector da hostalería do concello. O lugar de encontro será diante do punto de información turístico da praia de As Catedrais. Recomendamos levar calzado de montaña e escarpíns para camiñar sobre as rochas, roupa de auga, bañador ou pantalóns curtos e auga”.
As prazas son limitadas e para formalizar a reserva pode facerse a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org ou no teléfono 982.128.689.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



