Ribadeo, 20 de marzo de 2018.-A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, promove as iniciativas de diversificación e creación de novas empresas a través do programa Galicia Rural Emprende. Para este fin, o Goberno galego destina 4,5 millóns de euros, isto é, un 80% máis de orzamento dispoñible que na anterior convocatoria.
Os beneficiarios destas axudas poden ser autónomos, pequenas e medianas empresas que teñan previsto desenvolver actividades non agrarias en calquera dos concellos lucenses, excepto a zona urbana de Lugo cidade. Os interesados poden presentar a súa solicitude de axuda ata o vindeiro 26 de marzo.
Así o fixeron por exemplo, dous emprendedores da Mariña lucense, que hoxe contaron coa visita do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que quixo coñecer de primeira man o desenvolvemento destas iniciativas apoiadas pola administración autonómica ao abeiro do programa Galicia Rural Emprende.
Bungalós turísticos
O primeiro proxecto, ten por obxecto a construción de cinco bungalós para o seu aluguer na localidade de Barreiros, un dos municipios de maior afluencia turística da Mariña, de xeito especial no período vacacional. A iniciativa conta cun orzamento de 166.000 euros dos que a Xunta achega 65.000 euros.
Esta actividade de nova creación, promovida por un emprendedor, na condición de traballador autónomo, busca ofertar aloxamentos individuais que permiten un maior contacto coa natureza e dispoñer de todas as comodidades dunha vivenda.
A principal canle de comercialización será a través da rede internet, cunha web propia e participando nas centrais de reserva. Ademais disporá dun bungaló adaptado a persoas con mobilidade reducida e discapacidade. A construción destas instalacións está en marcha e a previsión é que entre en funcionamento este verán.
Servizos forestais
A segunda das iniciativas apoiadas está emprazada en Ribadeo e foi promovida por un mozo emprendedor, de 28 anos, xerente da empresa Logística Trafor que decidiu diversificar as súa actividade ao ámbito dos servizos forestais. O proxecto contou cun orzamento de máis de 119.000 euros apoiados cunha axuda autonómica de 70.000 euros.
Inicialmente esta empresa –que conta cun cadro de persoal de 10 traballadores- desenvolvía a súa actividade no ámbito do transporte de mercadorías, principalmente de madeira. O contacto directo con este sector levoulles á idea de ampliar a súa actividade e incluír a corta e retirada de madeira, completando deste xeito os servizos ofertados.
O apoio da Xunta tivo por obxecto prioritario a adquisición dun autocargador destinado á corta e saca de madeira do monte, para un posterior traslado aos locais dos clientes ou á factoría de transformación. A nova maquinaria está especialmente deseñada para moverse por estreitas pistas forestais.
Balseiro concluíu sinalando que estes e outros proxectos exemplifican a filosofía do programa da axudas Galicia Rural Emprende, que pon a disposición de emprendedores e pequenas e medianas empresas un amplo abano de recursos e instrumentos que melloren as posibilidades de éxito dos seus proxectos e a súa consolidación no mercado. Ao mesmo tempo, contribúese así a fixar poboación nas zonas rurais e aumentar as oportunidades dos seus habitantes no eido laboral.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



