27 de marzo de 2016. 1.- Por primeira vez na historia da Deputación, representantes políticos non respectan a representación sindical e tumban un ACORDO UNÁNIME SINDICAL. Caso semellante ao que está acontecer na Xunta de Galicia cos sindicatos de xustiza.
2.- No Pleno do 21 de decembro de 2017, o Goberno da Deputación presentou a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) aprobada por unanimidade polos representantes sindicais na institución (UGT, CC.OO, CSIF e CIG). En dita sesión plenaria, esta foi aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG, e coa abstención do PP.
Durante o prazo legal de exposición pública da RPT, presentáronse 25 alegacións individuais de traballadores da Deputación, que representan o 4,97% do total de empregados públicos na institución.
Tras seren atendidas e facer as correspondentes modificacións, os representantes sindicais no organismo provincial volveron acadar a unanimidade.
Ante esta situación, o pasado xoves, celebrouse a Comisión Informativa (órgano que por lei hai que convocar previamente ao Pleno) sobre a proposta da RPT. Na votación, o PSOE votou a favor mentres que PP e BNG cambiaron o sentido do seu voto, absténdose.
No Pleno deste martes, a proposta de RPT ACORDADA UNANIMEMENTE POLOS SINDICATOS contou con 10 votos a favor do PSOE e 1 en contra, 2 abstencións do BNG e 12 votos en contra do PP, que volveu a cambiar o sentido do seu voto.
3.- Tras coñecer durante a sesión plenaria de hoxe o cambio de voto do PP (da abstención ao voto en contra) e que este derivaría na non aprobación da proposta unánime dos representantes sindicais, pois o BNG tamén avanzou que mantería a súa abstención, aínda que no Pleno de decembro votou a favor; o Presidente fixo un receso de 5 minutos para avaliar as alternativas posibles. Deste xeito, decidiu manter a proposta unánime dos sindicatos e levar a cabo a votación que, tal e como se prevía, supuxo a non aprobación da RPT respaldada por todos os representantes sindicais.
O seguinte paso será agora xuntarse de novo con todas as centrais sindicais para avaliar o acontecido e estudar todas as medidas legais para a aplicación da RPT, pois xa conta co apoio unánime sindical, feito que dende hai décadas non acontecía na Deputación.
4.- Ante as falsas manifestacións realizadas, é preciso aclarar que a proposta definitiva da RPT co acordo unánime de todos os representantes sindicais presentada na sesión plenaria deste martes compre rigorosamente coa legalidade. Conta con todos os informes favorables, que ratificaron os máximos representantes administrativos da Deputación de Lugo. A súa aplicación, que non aprobación, está condicionada á aprobación da Lei de Presupostos do Estado, que todas as administracións públicas teñen que cumprir, pois establece límites neste senso. As 25 alegacións foron presentadas por traballadores da institución de xeito individual. A maiores, fixéronse 5 suxestións de mellora organizativa de áreas provinciais que, para a súa formalización, deben contar coa sinatura do/a responsable do departamento correspondente. Foi o caso da área de Benestar e Emprego, Actas ou Patrimonio e Inventariado.