Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a actividade consistiu nunha charla que, baixo o título A auga e a súa importancia, intentou concienciar aos rapaces da importancia que ten a auga nas nosas vidas e a necesidade de non malgastala nin contaminala. A xornada completouse cun pequeno vídeo centrado na contaminación da auga e coa realización dunha roda co ciclo da auga”.
