Lugo, 10 de marzo de 2018.- “Aconteceu coa N-540 e co conxunto de infraestruturas estatais na Mariña e agora coa N-VI. O Partido Popular en Madrid dende o Ministerio de Fomento vén de confirmar, oficialmente, que rexeita levar a cabo un plan integral de reparación, mellora e humanización desta estrada, non estando nas súas previsións, xa non este ano, senón no 2019. Mentres, na nosa provincia, o PP practica un dobre xogo, pois todos os seus representantes menten, tentan enganar e apoian as propostas do PSOE na Deputación ou nos Concellos, demandando estas necesarias actuacións aos seus propios compañeiros no Goberno Central, cando saben, perfectamente, porque así o teñen decidido e consensuado de antemán, que non as van a facer porque a provincia de Lugo os lucenses non contan para eles”.
Así o destacou a Deputada socialista por Lugo no Congreso, Margarita Pérez Herraiz, tras recibir a resposta oficial de Fomento ás preguntas que formulou sobre a N-VI. Fíxoas tendo en conta os seguintes feitos:
1.- que xa en febreiro de 2017, o Congreso aprobou, sen apoio do PP, “sen enganos nas súas intencións”, a proposición non de lei do PSOE para mellorar o firme e a seguridade nesta estrada. O Partido Popular dende o Goberno Central incumpriuna.
2.- que, posteriormente, o Concello do Corgo aprobou, neste caso por unanimidade, “xa co voto enganoso dos representantes do Partido Popular neste municipio, que goberna”, a proposta da agrupación socialista no Corgo, instando a Fomento a elaborar un plan integral de seguridade e humanización na N-VI para a súa execución no 2018. O PP dende o Goberno Central tamén a incumpriu, pois nin tan sequera elaborou o proxecto que permitise a súa execución este ano.
3.- que en outubro de 2017, a Deputación de Lugo aprobou por unanimidade, “é dicir, tamén co voto enganoso de todos os representantes do Partido Popular no organismo provincial”, a moción do Grupo Provincial Socialista, demandando a Fomento a elaboración, á maior brevidade posible, dun plan integral de seguridade e humanización desta estrada ao seu paso por todos os Concellos da provincia (Guitiriz, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, O Corgo, Baralla, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) para a súa execución no 2019.
O PP dende o Goberno Central rexeita levar a cabo estas actuacións, tal e como se pode constatar na resposta oficial de Fomento á Deputada socialista por Lugo no Congreso, sendo a 3ª vez que o fai.
Pérez Herraiz formulou as seguintes preguntas: elaborará o Ministerio de Fomento un plan integral de seguridade e humanización da N-VI nos Concellos de Lugo?; realizará o Ministerio de Fomento as obras de mantemento necesarias na N-VI ao seu paso pola provincia de Lugo?; con que programación temporal?.
O PP dende o Goberno Central non ten intención algunha de mellorar esta estrada nin este ano nin no 2019, pois a resposta de Fomento apunta textualmente que a N-VI ten moi baixa intensidade de tráfico, non existen treitos de concentración de sinistros e presenta un estado de conservación axeitado. Fomento continuará atendendo a conservación ordinaria da N-VI en Lugo.
“É evidente que, mentres en Madrid o Partido Popular no Goberno Central manifesta abertamente que non ten plans para Lugo, na provincia practica un dobre xogo e todos os seus representantes menten descaradamente aos veciños, tentar enganar e votan nas institucións a favor de proxectos que saben perfectamente que non os van a facer porque así o teñen decido e consensuado todos de antemán, porque non queren facelos, porque Lugo e os lucenses non interesan ao PP. Aconteceu coa N-540. Todos fomos testemuñas de como se aprobaron as propostas que dende o PSOE fixemos a Fomento para o seu arranxo integral e como o Partido Popular, mentindo e tentando enganar, votaba a favor das mesmas, cando xa tiñan acordado non facelo. Logo pasou o mesmo coas infraestruturas da Mariña, que os populares non van a mellorar e executar, tal e como aseguran en Madrid, mentres en Lugo se comprometen coas mesmas publicamente e de cara aos veciños. E agora pasa e fan exactamente o mesmo coa N-VI”, explicou Pérez Herraiz.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



