O escritor mariñán Paco Rivas presentará en Ribadeo Mar…usía, o seu novo libro de relatos adicado ao mar da Mariña e ás súas xentes. Será o próximo xoves, día 22, ás 20:30 h, na Casa das Letras. Este acto está organizado pola Editorial Bahía e pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, coa colaboración do Concello de Ribadeo. Acompañarán a Paco Rivas, nesta presentación, o profesor e académico Francisco Fernández Rei, o profesor Bernardo Penabade, Pablo Mosquera e Farruco Graña.
Mar…usía, libro de Paco Rivas, presentación en Ribadeo
Mar…usía, libro de Paco Rivas, presentación en Ribadeo
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”