Ao longo da Historia, tódalas culturas exaltaron a árbore como fonte e leccións de vida, e as mais antergas Sociedades, mesmo chegaron a divinízalo. A árbore reunía tódolos elementos da Natureza: a auga que fluía do seu interior; a terra que se incorporaba ao corpo, a través das raíces; o aire que daba vida ás follas e o lume que nacía da fricción das madeiras. A importancia das árbores nesta sociedade industrializada, e polo tanto ameazada polo progresivo deterioro do medioambiente, provocado pola polución e a contaminación, que non rematan; a masa arbórea adequire unha maior importancia; e así, canto neste senso se faga por concienciar á cidadanía, especialmente á xente moza, será un labor digno de louvanza e aínda, para as institucións, unha obriga.
Cando o home fixo a aparición sobre o planeta Terra coñeceo a árbore: non é posible concebir a vida humana sen a súa presencia. O home decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra; pero que era necesario traballala, para o que precisou utensilios rudimentarios que lle permitiran labrar e plantar o que despois daría os seus froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas.
Unha das mais fermosas e delicadas loas á árbore que coñecemos, é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza: “El canto es un árbol frondoso, plantado en las orillas del río de la vida. El árbol sabe del susurro de la corriente; del frescor de sus fuentes; de su risa en la montaña y su sonrisa en la cascada. El canto es árbol sagrado…”.
Non son éstes, pensamentos baladís, en tempos depredadores dos irreemplazables valores de Natura.
O Día Mundial da Árbore, instituído en Suecia o ano 1840, celébrase no noso país o 21 de marzo de cada ano. A Organización Mundial da Saúde recomenda a plantación dunha árbore por cada tres habitantes, en vilas e ciudades. Non o esquezamos.
As árbores: “marmurios de séculos”…


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



