Este venres día 9 de marzo, visitou o Colexio MARTIN HUTCHINSON, un ex bombeiro galés, acompañado do seu fiel compañeiro STARSKY, un can que o está a acompañar no seu periplo en bicicleta ao redor do mundo. Martin Hutchinson impartiu una charla divulgativa sobre conservación do medio ambiente ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. A charla, dunha duración aproximada de 60 minutos, versou sobre o incremento constante da poboación mundial, sobre a necesidade de cubrir a demanda de recursos, o problema da contaminación (especialmente derivada do mal uso dos materiais plásticos) e as nosas actitudes diante destes temas. Martin rematou a súa conversa solicitándonos unha maior implicación na conservación do medio e no uso razonable dos recursos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



